José Viturro Ozores
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
José Viturro Ozores, nado en Boiro, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro de Cabo da Cruz, foi presidente da UGT de Castro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do consello de Guerra foi cadea perpetua en 1941. Estivo preso na Illa de san Simón. Concedéronlle a liberdade provisional en xaneiro de 1943.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 1-3-1943, p. 1994.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Viturro Ozores na páxina web Nomes e Voces.