José Martínez Virel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Martínez Virel
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1902 Editar o valor em Wikidata (122 anos)
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Martínez Virel, nado en Badaxoz o 14 de marzo de 1902,[1] foi un mestre e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Martínez García, profesor da Escola Normal de Badaxoz e despois da de Cáceres. En 1933 foi destinado como mestre a Escarabote. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi concelleiro en Boiro e primeiro tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Foi un dos organizadores da evasión da lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz o 27 de xullo. Desembarcaron no porto de Leixões e foron detidos e recluídos no forte de Caxías. Liberado en agosto, embarcou para Francia e pasou a territorio leal. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado e xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1940. Condenado, estivo preso na prisión provincial da Coruña. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[2] Revisado o seu expediente de depuración logrou, o 31 de agosto de 1960, que a sanción inicial se reducise ao traslado fora da provincia durante tres anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa súa curmá Elena Virel Manzano en La Albuera en 1931.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nuevo Diario de Badajoz, 16-3-1902, p. 2.
  2. BOE, 16-6-1941, p. 4368-4371.
  3. Correo Extremeño, 30-1-1931, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

José Martínez Virel na páxina web Nomes e Voces.