José Martí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Martí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1853 Editar o valor em Wikidata
A Habana (Imperio Español) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1895 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Provincia de Oriente Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Cónsul
3 de marzo de 1887 – marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , político , ensaísta , xornalista , pintor , militar , escritor , tradutor , poeta , revolucionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Auténtico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, teatro e ensaio Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literariomuschacho Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría del Carmen de Zayas-Bazán e Hidalgo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJosé Francisco Martí Zayas Bazán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiLeonor Pérez Cabrera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjosemarti.cu Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 131378f0-d7f1-4b23-981d-e8dc35240582 Discogs: 1598680 IMSLP: Category:Martí,_José Find a Grave: 2494 Editar o valor em Wikidata

José Julián Martí, nado na Habana o 28 de xaneiro de 1853 e finado en Dos Ríos o 19 de maio de 1895, foi un poeta e político cubano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pai español e nai natural das Illas Canarias, José Martí está considerado o gran mártir da independencia de Cuba en relación a España. Alén de poeta e pensador fecundo, desde a súa mocidade demostrou a súa inquietude cívica e a súa simpatía polas ideas revolucionarias.

Influenciado polas ideas de independencia de Rafael María de Mendive, o seu mestre na escola secundaria da Habana, iniciou a súa participación política escribindo e distribuíndo xornais con contido separatista no inicio da Guerra dos Dez Anos. Co encarceramento e desterro do seu mestre Mendive, cristalizou a actitude de rebeldía de Martí contra a dominación española. En 1869, con 16 anos, publica unha folla impresa separatista, El Diablo Cojuelo e o primeiro e único número da revista La Patria Libre. No mesmo ano pasa a distribuír un xornal manuscrito titulado El Siboney. O goberno español prendeuno pouco despois e procesouno por posuír papeis considerados revolucionarios. Foi condenado a 6 anos de traballos forzados, mais pasou só 6 meses na prisión até que, en 1871, coa saúde debilitada, a súa familia conseguiu un indulto e obtivo a permuta da pena orixinal pola deportación a España. En España Martí publicou, naquel mesmo ano, o seu primeiro traballo de importancia El Presidio Político en Cuba, onde expón as crueldades e os horrores vividos no período en que estivo no cárcere. Nesta obra xa se atopan o idealismo e o estilo vigoroso que popularizarían a Martí nos círculos intelectuais da época. Máis tarde dedicouse ao estudo de Dereito, obtendo o doutoramento en Leis, Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza en 1874.

Viviu logo en México e Guatemala, regresando a Cuba de onde foi novamente desterrado en 1879.

Durante o seu exilio nos Estados Unidos dedicouse ao xornalismo e fundou o Partido Revolucionario Cubano en 1892. Como escritor foi o precursor do modernismo latinoamericano, representado en numerosas obras entre as que se destacan, Ismaelillo (1882), Versos sencillos (1891) e Versos libres (1892).

O 19 de maio de 1895, no comando dun pequeno continxente de rebeldes cubanos, despois dun encontro inesperado con tropas españolas nas proximidades do vilar de Dos Ríos, José Martí foi abatido, falecendo axiña. O seu corpo, mutilado polos soldados españois, foi exhibido e posteriormente sepultado na cidade de Santiago de Cuba, o 27 de maio do mesmo ano.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]