Cónsul (servizo exterior)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antigo consulado de España en Taganrog, Rusia

Cónsul é un cargo que recibe un funcionario ou titular dunha oficina consular por parte do Estado para exercer unha función consular no estranxeiro.[1]

O cónsul é un funcionario do servizo exterior dun país, de carácter non político, que dá información e propaganda administrada, alfándegas, notarial e rexistro político.

É o Ministerio de Exteriores, de Relacións Exteriores ou de Asuntos Exteriores quen lle encarga ao cónsul a tarefa de asistir aos cidadáns do país de orixe en certas tarefas, como a tramitación dos documentos que necesite para diversos fins, orientalo para a sú defensa, en caso de necesitalo, legalización de documentos oficiais (cando existe esa posibilidade), poderes, fes de vida, certificados acreditativos de nacionalidade, outorgamento e renovación de pasaportes, tramitación de documentos de identidade nacionais do seu país, promoción económica, cultural e turística etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MAEC, Documentos (decembro de 2015). "Términos diplomáticos" (PDF). Documento maec.es. Ministerio de Asuntos Exteriores. Consultado o 27 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.