Saltar ao contido

Enric Prat de la Riba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnric Prat de la Riba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Enric Prat de la Riba i Sarrà Editar o valor en Wikidata
29 de novembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Castellterçol, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1917 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Castellterçol, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc, carrer de sant Jaume 41°21′19″N 2°09′28″L / 41.3554161, 2.1578831 Editar o valor en Wikidata
Presidente da Mancomunitat de Catalunya
6 de abril de 1914 – 1 de agosto de 1917
← sen valor – Josep Puig i Cadafalch →
Q135719330 Traducir
Representa: dous

1908 – 1917 (-elect (en) Traducir)
← Manuel Durán y BasIgnasi Casanovas i Camprubí (en) Traducir →
Presidente da Deputación de Barcelona
2 de abril de 1907 – 1 de agosto de 1917
← Joaquim Sostres i ReyJuan Vallés y Pujals →
Deputado provincial de Barcelona
1905 – 1917
Secretario Unió Catalanista
22 de febreiro de 1891 – 25 de marzo de 1892
← sen valor – Manuel Folguera i Duran (en) Traducir →
Presidente Centre Escolar Catalanista
1890 – 1891
← Josep Puig i CadafalchJosep Puig i Cadafalch →
Director La Veu de Catalunya
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaNacionalismo catalán Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - dereito (–1893) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político, ensaísta, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLliga Regionalista (1901–)
Lliga de Catalunya (–1899)
Unió Catalanista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
27 de marzo de 1892Bases de Manresa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJosepa Dachs i Carné Editar o valor en Wikidata
PaiEsteve Prat de la Riba i Magarins Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 171101 BNE: XX1639084 Find a Grave: 14573661 Editar o valor en Wikidata

Enric Prat de la Riba i Sarrà, nado en Castellterçol o 29 de novembro de 1870 e finado na mesma vila o 1 de agosto de 1917, foi un político catalán, primeiro presidente da Mancomunidade de Cataluña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo estudos de Dereito que culminou, aos 24 anos de idade, na Universidade Central de Madrid. No ano 1887 ingresa no Centro Escolar Catalanista, onde xurdiu unha das primeiras definicións do catalanismo. Tivo cargos de responsabilidade na Unión Catalanista.

No ano 1892 foi secretario da asemblea que redacta as Bases de Manresa, documento que sentaba os alicerces da devolución das Constitucións catalás.

Presidiu a Deputación de Barcelona e como tal o 18 de xuño de 1907 fundou o Institut d'Estudis Catalans. Impulsou a creación da Mancomunidade de Cataluña da cal foi o primeiro presidente, desde o 6 de abril de 1914 ata a súa morte.

Como dinamizador catalanista, elaborou manifestos da Unión Catalanista, entre os que destaca o "Missatge al Rei dels Hel·lens" (Mensaxe para o rei dos gregos) o ano 1897. Como divulgador e pensador catalanista escribiu o Compendio da doutrina catalanista ou o Compendio da Historia de Cataluña, e impulsou o diario La Renaixença.

Desde 1899 impulsou unha corrente catalanista política, primeiro no Centro Nacional Catalán e despois na Lliga Regionalista (Liga Rexionalista).

Foi autor tamén de La Nacionalitat Catalana (1906), considerada a obra máis importante do catalanismo político. Apoiou o intervencionismo da Lliga na política española; exemplo diso fora a redacción do manifesto Per Catalunya i per l’Espanya Gran (1916) (Por Cataluña e pola España Grande).