Centre Nacional Catalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centre Nacional Catalá
Tipoorganización política
IdeoloxíaCatalanismo
Data de fundación3 de setembro de 1899
Data de disolución25 de abril de 1901
Presidente/aNarcís Verdaguer i Callís (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Centre Nacional Catalá (en galego, Centro Nacional Catalán) foi un grupo político catalanista fundado en Barcelona o 3 de setembro de 1899[1] promovido pola revista La Veu de Catalunya,[2] creada ese mesmo ano, e por ex-membros de Unió Catalanista contraria ao apoliticismo[3] e ao radicalismo verbal desta organización,[4] que contrastaba coa falta de actuación pública ou organizativa.[5] Finalmente, en 1901, acabarían integrándose na Lliga Regionalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contexto[editar | editar a fonte]

A crise en Cuba dende 1868 fixera perder o 60% do seu mercado á industria catalá. Para comezar, a renovación era indispensable deter o declive do Estado, e Prat de la Riba foise achegando ao xeneral Camilo García de Polavieja y del Castillo, que apostaba por unha descentralización como a ferramenta para acadar a modernización necesaria.[6]

O seu programa político xa fora descrito nas Bases de Manresa de 1892, e definiu o nacionalismo catalán non como un partido político, senón como unha causa política nacional aberta a tódolos cataláns, independentemente da súa ideoloxía.

Creación[editar | editar a fonte]

Entre os fundadores había conservadores como Ramon d'Abadal i Calderó, Lluís Domènech i Montaner, Josep Puig i Cadafalch, Lluís Duran i Ventosa, Francesc Cambó, Enric Prat de la Riba ou Narcís Verdaguer i Callís, e liberais e republicanos como Jaume Carner Romeu, Ildefons Sunyol ou Joaquim Casas i Carbó. O seu portavoz foi o xornal La Veu de Catalunya.[1]

O presidente da CNC foi o avogado Narcís Verdaguer i Callís, vice-presidente Jaime Carner Romeu e o secretario Enric Prat de la Riba. Foi a expresión do movemento burgués catalán progresista, traídos polos industriais que se atopaban na periferia xeográfica dun imperio centralizador prisioneiro da oligarquía agraria conservadora, ben conectada coa administración central corrupta.[6]

Disolución[editar | editar a fonte]

Eses mesmos industriais que apoiaban o rexeneracionismo de Polavieja crearan en 1898 Unió Regionalista, un partido moderado e catalanista pero non nacionalista.[2] Progresivamente, fóronse achegando até que o 25 de abril de 1901, o Centre Nacional Catalá, fusionouse co Unió Regionalista para forma-la Lliga Regionalista.[3][7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Buffery & Marcer (2010), pp. 116–117
  2. 2,0 2,1 Caminal (2000), p. 71
  3. 3,0 3,1 Anguera (2006), p. 108
  4. "Centre Nacional Català". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  5. Coll i Alentorn (1992), p. 448
  6. 6,0 6,1 Oldenburg (2007), pp. 28–29
  7. Montagut Contreras, Eduardo. "Ideologías". Consultado o 29-05-2017. 
  8. González Casanova (1979), p. 176

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anguera, Pere (2006). "El nacionalismo catalán desde sus orígenes a 1930". En Guereña, Jean-Louis; Morales Muñoz, Manuel. Los nacionalismos en la España contemporánea. Ideologías, movimientos y símbolos (en castelán). Málaga: Servicio de Publicaciones, Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga. pp. 89–114. ISBN 9788477857488. 
  • Buffery, Helena; Marcer, Elisenda (2010). Historical Dictionary of the Catalans. Historical dictionaries of peoples and cultures. Vol. 10 (en inglés). Lanham (Maryland): Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7514-2. 
  • Coll i Alentorn, (). (en catalán). Barcelona: . p. 448. ISBN, Miquel (1992). Història II. Textos i estudis de cultura catalana. Colección: Publicacións de l'abadia de Montserrat (en catalán). Barcelona: Curial edicions catalanes. ISBN 84-7256-358-8. 
  • Caminal, Miquel (2000). "Catalanismo y autogobierno". En Hernández, Antonio; Espinosa, Javier (coords.). Nacionalismo. Pasado, presente y futuro. Colección: Humanidades (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 61–88. ISBN 84-8427-088-2. 
  • González Casanova, José Antonio (1979). Federalismo y Autonomía. Cataluña y el Estado Español 1868-1938 (en castelán). Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 9788474231090. 
  • Oldenburg, Lukas (2007). Recht auf Gleichheit vs. Recht auf Differenz. Dezentralisierung und peripherer Nationalismus am Beispiel Kataloniens [O dereito de igualdade contra o dereito de diferenza: descentralización e nacionalismo periférico co exemplo de Cataluña] (en alemán). Múnic: Ed.GRIN. ISBN 9783638708401. 
  • Zamora Bonilla, Javier (1999). "Cataluña: entre la alegría de la derrota y la regeneración de España". En Zamora Bonilla, Javier; Rus Rufino, Salvador (coords.). Una polémica y una generación. Razón histórica de 1898 (en castelán). (Actas do Congreso "1898: Pensamiento Político, Jurídico y Filosófico. Balance de un Centenario". León, 10-13 de novembro de1998). León: Universidade de León. pp. 85–104. ISBN 84-7719-765-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]