A corporación ten a súa sede principal na cidade de Barcelona e estabeleceu delegación en todo o seu ámbito xeográfico de actuación (artigo 6 dos seus estatuto). Dito ámbito de actuación son tódolos lugares de lingua e cultura catalás (artigo 1 do Real Decreto 3118/1976).
A sección filolóxica do IEC cumpre a función de academia da lingua catalá. As súas competencias normativizadoras son recoñecidas en Cataluña, as Illas Baleares e Andorra. No Rosellón, en Francia, a pesar do carácter non oficial da lingua, o Consello Xeral do departamento de Pireneos Orientais tamén recoñece a autoridade do IEC].[1]
O Institut d'Estudis Catalans conta ademais cunha trintena de sociedades filiais que teñen por obxectivo o estudo dunha ou diversas especialidades científicas ou culturais, que son parte integrante da estrutura académica do Instituto como entidades autónimas e están adscritas a unha das súas seccións. Só a modo de exemplo, pódense citar a Sociedade de Amigos da Arte Románica, a Sociedade Catalá de Matemáticas, a Sociedade Catalá de Sociolingüística ou a Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos.[2]