Louis Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Sullivan
Nome completoLouis Henry (Henri) Sullivan
Nacemento3 de setembro de 1856
Lugar de nacementoBoston
Falecemento14 de abril de 1924
Lugar de falecementoChicago
Soterradocemiterio Graceland
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterBoston English High School, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Escola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónarquitecto e deseñador
Coñecido porHoly Trinity Cathedral
PremiosFellow of the American Institute of Architects
Na rede
WikiTree: Sullivan-5059 Find a Grave: 1003 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louis Henry (Henri) Sullivan, nado o 3 de setembro de 1856 en Boston e finado o 14 de abril de 1924, foi un arquitecto estadounidense[1], considerado un dos pais da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influente arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago. Considérase ademais o mentor de Frank Lloyd Wright.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, estabelecéndose logo en Chicago no ano 1873. Asóciase coa construción da primeira xeración de rañaceos americanos. Nesa época os avances na tecnoloxía do aceiro, permitían construír edificios máis altos e espazosos do que era posíbel con anterioridade, ao mesmo tempo o desenvolvemento de novos ascensores e montacargas levados a cabo por Otis permitiu o movemento vertical con maior fluidez.

Traballou con moitos outros arquitectos como Frank Furness, William LeBaron Jenney e Dankmar Adler; foi mestre de Frank Lloyd Wright, que sempre se referiu a el como o seu 'lieber meister'.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Edifício Wainwright, Saint-Louis.

A partir dos anos 1890, lánzase á construción de rañaceos con estrutura de aceiro e cuberta plana, que gardan unha división tripartita:

Ademais publicou dous libros que difunden as súas ideas: « Kindergarten Chats » (Charlas de xardín de infancia) e « Autobiography of an Idea » (Autobiografía dunha idea).

Notas[editar | editar a fonte]