Saltar ao contido

Luis Rastrollo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Rastrollo González»)
Modelo:BiografíaLuis Rastrollo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1908 Editar o valor en Wikidata
Guadalcanal, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4283

Luis Rastrollo González, nado en Guadalcanal (Sevilla) o 1 de marzo de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un mestre e sindicalista andaluz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Torrecilla, propiedade rustica do termo de Guadalcanal, en Fuente del Arco. Militou na esquerda trotskista desde 1930 e foi membro do comité executivo da Izquierda Comunista de España (ICE). Foi un dos máximos responsables do POUM en Estremadura xunto con Eduardo Mauricio Ortiz. Estableceuse en Santiago de Compostela en 1935 e deulle pulo ao núcleo galego da ICE. Foi secretario da federación galega do POUM, secretario local da FETE-UGT e asesor de diversos sindicatos da capital galega ata a guerra civil. Organizou un equipo de traballo en Galicia, creando seccións en Santiago, A Coruña e varias cidades máis. Formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación do POUM, polo que foi detido. Xulgado e acusado de traizón, foi condenado á pena de morte e executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]