Carlos Reino Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Reino Caamaño
Nacemento1889
 A Coruña
Falecemento17 de xuño de 1937
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e médico
IrmánsJosé Reino Caamaño
editar datos en Wikidata ]

Carlos Reino Caamaño, nado na Coruña en 1889 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un médico e político galego.

Verín, en lembranza dos fusilados o 17/6/1937

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de José Reino Caamaño. Obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Foi médico titular e Inspector Municipal de Sanidade en Cartelle, Celanova e Poio. Despois exerceu na comarca de Verín, primeiro en Oímbra e dende 1934 en Verín, onde foi nomeado médico da Beneficencia municipal. Foi nomeado alcalde Verín por Izquierda Republicana en marzo de 1936.[1]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar o 22 de maio de 1937,[2] foi sentenciado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937 con outras cinco persoas. Todos os seus bens foron requisados en xaneiro de 1937 por orden do Xulgado Militar de Ourense.


Predecesor:
Ramiro Mascareñas Romero
 Verín.svg
Alcalde de Verín
 
1936
Sucesor:
Juan Ros Hernández

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 23-5-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]