Fernando Domínguez Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Domínguez Caamaño
Fernando D. Caamaño por Camilo Díaz Baliño.jpg
Retrato feito por Camilo Díaz Baliño cando estiveron no cárcere de Santiago de Compostela.
Nacemento10 de xaneiro de 1908
 A Coruña
Falecemento3 de decembro de 1936
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Fernando Domínguez Caamaño, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na Segunda República foi funcionario municipal do concello de Santiago de Compostela. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Izquierda Republicana. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi defendido polo seu parente o avogado José Reino Caamaño, pero foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. p. 271. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]