Jordi Cruyff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jordi Cruyff
Cruyff, Jordi.jpg
Información persoal
Nome completoJordi Cruyff
Nacemento9 de febreiro de 1974
LugarÁmsterdan, Países Baixos
Altura1,83 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1981–1988Ajax
1988–1992Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1992–1995Barcelona B51(16)
1994–1996Barcelona41(11)
1996–2000Manchester United34(7)
1999Celta (cedido)8(1)
2000–2003Alavés94(7)
2003–2004Espanyol30(3)
2006–2008Metalurh Donetsk28(0)
2008–2010Valleta17(10)
Total299(55)
Selección nacional
1995–2004Países Baixos9(1)
1996Cataluña9(2)
Adestrador
2009–2010Valletta (asistente-xogador)
2010v2012AEK Larnaca
2012–Maccabi Tel Aviv (director)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jordi Cruyff, nado en Ámsterdan o 9 de febreiro de 1974, é un futbolista catalán-holandés que xoga na demarcación de dianteiro. É fillo do lendario futbolista Johan Cruyff.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co primeiro equipo na tempada 1994/95 dirixido polo seu pai Johan Cruyff. Ao finalizar a tempada seguinte foi cedido ao Manchester United da Premier League, porén non contou con moitas oportunidade e foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 1998/99, pero so disputou oito encontros marcando un gol.

No ano 2000 volve á liga española para xogar no Deportivo Alavés xa en propiedade, en Vitoria milita tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo que chega a clasificarse para a Copa da UEFA, porén ao final desa mesma tempada o equipo descende a Segunda División Española. Jordi deixa o equipo e ficha polo RCD Espanyol.

Ao finalizar esa tempada permaneceu en Barcelona semiretirado a causa das lesións, adestrandose co FC Barcelona B e disputando algún encontro de veteranos.

Na tempada 2006/07 volveu á actividade ao fichar polo FC Metalurh Donetsk da primeira división ucraína, xogou no equipo tres tempadas ao final das cales ocupaba a posición de defensa central.

En xuño de 2009 fichou polo Valletta FC de Malta, onde tamén realizou os labores de asistente do técnico, Tom Caanen.

Finalmente retirouse en 2012, xogando no AEK Larnaca de Chipre.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol dos Países Baixos en nove ocasións, anotando un gol. Baixo as ordes de Guus Hiddink disputou a Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996.

Tamén disputou nove encontros coa Selección de fútbol de Cataluña, marcando dou goles.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos en España[editar | editar a fonte]

Títulos en Inglaterra[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]