Saltar ao contido

José Antonio Barrios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Barrios
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Granada Club de Fútbol
- Real Madrid Club de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 286368 Editar o valor em Wikidata

José Antonio Barrios Olivero, nado en Santa Cruz de Tenerife o 21 de marzo de 1949, é un exfutbolista e exadestrador español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Tenerife, debutando co primeiro equipo na Segunda División con 17 anos, nun partido contra o Burgos no Plantío, correspondente á tempada 1966/67. Habitual no once titular, disputou un total de 24 partidos de liga e un de Copa na súa primeira campaña, marcando un total de 11 goles. Foi o máximo goleador do equipo na seguinte tempada, con 15 goles, pero o Tenerife acabou descendendo á Terceira División.[1]

A continuación fichou polo Granada CF, adestrado por Marcel Domingo, co que debutou na Primeira División nun encontro fronte ao Málaga. Marcou os seus primeiros tres tantos nunha goleada por 4-6 contra o Mallorca no estadio Lluís Sitjar.[2] Xogou un total de 103 partidos co Granada, marcando 24 goles e acadando un sexto posto en liga na tempada 1971/72, con Joseíto no banco.

En 1972 fichou polo Barcelona de Rinus Michels, no que xogou durante as seguintes dúas tempadas.[3] Na primeira delas foi unha peza importante do equipo, sendo titular na maioría de partidos e anotando 8 goles en liga. Acadou o subcampionato ligueiro por detrás do Atlético de Madrid e debutou ademais na Copa da UEFA, marcándolle un gol ao Porto no estadio das Antas.[4]

Na tempada 1974/75 fichou polo Hércules, que se reforzou ese ano con outros xogadores como Santoro, Giuliano, Quique, Juan Carlos ou Arieta II. Na súa primeira tempada, ás ordes de Arsenio Iglesias, o conxunto alacantino logrou a mellor clasificación da súa historia en Primeira División, un quinto posto, sendo Barrios o máximo goleador do equipo, con 13 tantos.[5] Xogou catro campañas no Hércules, disputando un total de 137 partidos oficiais, e marcando 48 goles. A continuación pasou polo Levante, co que logrou o ascenso a Segunda División, e pechou a súa carreira no mesmo club no que a comezara, o Tenerife.

Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]

Foi internacional con España nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, onde foi titular no partido contra o Xapón.[6]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada continuou traballando no Tenerife, e foi o director deportivo durante os ascensos de 1987 e 1989, dende Segunda B ata Primeira. Nos seguintes anos foi adestrador de varios equipos, entre eles o Granada e o Vitória de Setúbal, este último na Primeira Liga portuguesa.

Despois de anos afastado do Tenerife, volveu para traballar como axudante do adestrador Martín Marrero primeiro e de Pepe Moré despois. Pasou a dirixir o primeiro equipo a metade da campaña 2004/05, facendo unha boa segunda volta, e continuou como adestrador na tempada seguinte. Tras un bo comezo, acadando o liderado despois de catro vitorias nos cinco primeiros partidos, os resultados deixaron de acompañar e despois de 11 xornadas foi apartado do cargo, aínda que continuou un tempo máis no club. O seu posto foi ocupado provisionalmente por Quique Medina, que tras un partido deu paso a Antonio López Habas.[7]

  1. "Temporada 67/68: el CD Tenerife pierde la categoría… y el nombre" (en castelán). 13 de abril de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  2. "Mallorca 4-6 Granada (1969)". BDFutbol (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  3. "Barrios, al Barcelona". El Pueblo Gallego (en castelán) (17845). 8 de xullo de 1972. p. 16. Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  4. "3-1 Perdió el Barcelona". El Pueblo Gallego (en castelán) (17906). 21 de setembro de 1972. p. 13. Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  5. "Setenta años rugiendo" (en castelán). 21 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  6. "España - Xapón nos Xogos Olímpicos de 1968". FIFA (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  7. ""José Antonio Barrios, jugador, director deportivo, ayudante y, finalmente, entrenador"". clubdeportivotenerife.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]