Carmelo Giuliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuliano
Información persoal
Nome Carmelo Héctor Giuliano González
Nacemento 14 de xuño de 1951
Lugar de nacemento Avellaneda
Posición defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1971–1974 Independiente 24 (0)
1974 Atlanta 8 (0)
1974–1983 Hércules 212 (14)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carmelo Héctor Giuliano González, nado en Avellaneda, provincia de Buenos Aires, o 14 de xuño de 1951, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de líbero ou central e destacou no Hércules CF, onde foi un dos buques insignia durante a época dourada do club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou polo Club Atlético Independiente na novena división e foi ascendendo polos diferentes equipos do club ata a categoría profesional, á que chegou aos 21 anos.[1] Con Independiente proclamouse campión da Copa Intercontinental de 1973, aínda que non chegou a xogar na competición.[2]

Foi cedido ao Club Atlético Atlanta onde xogou o campionato Metropolitano de 1974. Xogaba con regularidade, alternando a posición con Pecoraro. Non xogou o campionato Nacional de 1974, xa que os xogadores reclamaron unha débeda, e os directivos sancionáronos, decidindo que xogarían este torneo os non profesionais.[3] Así, Giuliano foi liberado e fichou polo Hércules CF de Alacant.

Chegou ao club español por recomendación de Miguel Ángel Santoro, porteiro internacional arxentino que xa militaba no club alacantino.[4] O seu debut na Primeira División española produciuse na segunda xornada da tempada 1974/75, nun partido ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu (2-1).

O equipo adestrado por Arsenio Iglesias logrou ese ano o quinto posto en liga, o mellor resultado da súa historia. Giuliano foi titular en case todos os partidos, marcando 4 goles.

Mantivo a titularidade durante os seguintes anos, ata que sufriu unha grave lesión na segunda eliminatoria da Copa do Rei 1980/81, rompendo os ligamentos cruzados e o menisco. Foi nun partido contra o Cartagena FC no que marcou dous goles. A lesión supuxo a súa retirada como futbolista, aínda que durante os seguintes dous anos aínda chegou a disputar cinco partidos máis.

Trala súa retirada como futbolista, foi director deportivo do Hércules durante tempada e media, traballou coa canteira do club e foi comentarista de televisión.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mentres xogaba no Hércules casou en Bilbao con María Victoria Sancristóbal.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Aitana, José Luis (11 de xuño de 1979). "Giuliano: «Es un honor ser considerado el mejor de la liga»" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). pp. 24–25. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  2. "Copa Intercontinental 1973". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  3. "Historia del Club Atlético Atlanta en los años 1971-1980" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2008. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Giuliano: «Me siento como un niño al que le regalan unas botas»" (en castelán). 26 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]