Antón Arieta
Arieta II | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antón Arieta-Araunabeña Piedra | ||
Nacemento | 6 de xaneiro de 1946 | ||
Lugar de nacemento | Durango | ||
Falecemento | 7 de maio de 2022 | ||
Lugar de falecemento | Durango | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira xuvenil | |||
1960–1964 | Athletic | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1964–1974 | Athletic | 265 | (62) |
1974–1976 | Hércules | 44 | (7) |
Total | 309 | (69) | |
Selección nacional | |||
1964 | España B | 1 | (1) |
1970–1973 | España | 7 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antón Arieta-Araunabeña Piedra coñecido como Antón Arieta ou Arieta II, nado en Durango o 6 de xaneiro de 1946 e finado o 7 de maio de 2022,[1] foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Athletic Club, co que disputou 363 partidos oficiais, marcando 82 goles.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado na canteira do Athletic Club, subiu ao primeiro equipo na tempada 1964/65. Foi coñecido como Arieta II para diferencialo do seu irmán máis vello, Eneko Arieta, que levaba xa 13 anos xogando no Athletic.
Debutou o 13 de setembro de 1964, nunha vitoria ante o Elche en San Mamés (2-1),[3] e marcou os seus primeiros dous goles dúas xornadas despois, na vitoria por 3-2 sobre o Valencia. Quitoulle a titularidade a seu irmán e acabou a súa primeira campaña como o máximo goleador do equipo, con 13 tantos. Co paso das tempadas formou unha das dianteiras máis recoñecidas do club, xunto a Argoitia, Uriarte, Clemente e Txetxu Rojo. Xogou un total de 10 anos no primeiro equipo branco e vermello e gañou dúas Copas do Xeneralísimo, en 1969 e 1973, marcando gol nas dúas finais.[4][5]
Na tempada 1974/75 fichou polo Hércules, que se reforzou ese ano con outros xogadores como Santoro, Giuliano, Quique, Juan Carlos ou Barrios. Na súa primeira tempada, ás ordes de Arsenio Iglesias, o conxunto alacantino logrou a mellor clasificación da súa historia en Primeira División, un quinto posto, contribuíndo Arieta con 6 goles. Despois dunha segunda tempada en Alacante, rematando no sexto posto, puxo fin á súa carreira futbolística.
Selección española[editar | editar a fonte]
Foi internacional absoluto coa selección española en 7 partidos, conseguindo tres goles. Debutou o 11 de febreiro de 1970, nun amigable Alemaña Federal no Ramón Sánchez Pizjuán, marcando os dous goles do seu equipo naquel partido (2-0). O 12 de xaneiro de 1973 xogou o seu último partido coa selección nacional, contra Hungría, marcando o único gol do partido.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece Anton Arieta, gran goleador rojiblanco" [Death of Anton Arieta, great red-and-white scorer] (en castelán). Athletic Club. 7 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ Ramos, Jesús (24 de novembro de 2018). "Arieta II, un superclase del fútbol español". Marca (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Vivanco, Joseba (12 de outubro de 2014). "Arieta II, a 50 años de su debut". Gara (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Anton Arieta, el León de Durango". Memorias del Fútbol Vasco (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Relaño, Alfredo (22 de febreiro de 2016). "La marcha triunfal de Ronnie Allen murió en Atocha". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).