Saltar ao contido

Juan Carlos Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Carlos Álvarez
Biografía
Nacemento(es) Juan Carlos Álvarez Vega Editar o valor en Wikidata
2 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
L'Entregu, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1971–1974 Unión Popular de Langreo
1974–1976   Hércules CF 62(11)
1976–1978   Valencia CF 45(5)
1978–1985   Sevilla FC 221(31)
1985–1987   Hércules CF 46(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1975–1976   España 2(0)

Juan Carlos Álvarez Vega, nado en El Entrego, Samartín del Rei Aurelio, o 2 de maio de 1954, é un exfutbolista e exadestrador español. Xogaba de centrocampista e disputou 357 partidos na Primeira División, a maioría deles nas filas do Sevilla.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Debutou na Segunda División aos 17 anos, nas filas do Langreo, nun partido contra o Castellón correspondente á tempada 1971/72. Xogou no club asturiano ata 1974, cando fichou polo Hércules de Arsenio Iglesias, co que debutou na Primeira División nun encontro ante o Athletic Club en San Mamés. Na súa primeira campaña co equipo alacantino acadou o quinto posto, o mellor resultado da historia do club, sendo un habitual no centro do campo titular, xunto con xogadores como Baena ou Carcelén.[1] Xogou unha segunda tempada no Hércules, na que o equipo rematou sexto.

A continuación fichou polo Valencia de Heriberto Herrera, club no que xogou durante dúas tempadas. En 1978 fichou polo Sevilla, equipo adestrado polo galego Carriega. Militou durante sete tempadas no club andaluz, onde compartiu centro do campo con xogadores como Montero, Julián Rubio, Scotta, Pintinho ou Ruda. Marcou un total de 41 goles en 277 partidos oficiais coa camiseta do club, co que participou tamén en dúas edicións da Copa da UEFA.

En 1985 regresou ao Hércules, onde xogou durante dúas tempadas máis, unha delas en Primeira División e a outra en Segunda, despois de descender. Xogou un total de 122 partidos oficiais co club alacantino entre as dúas etapas, marcando 19 goles.

Selección olímpica

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección olímpica, pero debido á súa millonaria fichaxe polo Valencia non puido acudir aos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, reservados naquel entón só para xogadores non profesionais.[2]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Ocupou ata tres veces o banco do Sevilla de xeito interino: a primeira delas entre 1995 e 1996 como substituto de Toni Oliveira, a segunda en 1998 trala destitución de Vicente Miera e a última no ano 2000 trala dimisión de Marcos Alonso.[3][4] Ademais dirixiu en varias etapas o filial e adestrou outros clubs, entre eles o San Roque, o Cádiz, o Castellón ou o Jaén.

  1. Soler, J. A. (23 de novembro de 2015). "Se cumplen 40 años del mejor momento de la historia del Hércules" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  2. "Juan Carlos" (en castelán). 9 de marzo de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  3. "Miera, destituido como técnico del Sevilla". El País (en castelán). 24 de decembro de 1997. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  4. "Marcos Alonso presenta su dimisión irrevocable como entrenador del Sevilla". El Mundo (en castelán). 7 de marzo de 2000. Consultado o 10 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]