Enrique Vicente Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quique
Información persoal
Nome Enrique Vicente Hernández
Nacemento 8 de febreiro de 1945
Lugar de nacemento Salamanca
Altura 1,80 m
Posición defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1969 Valladolid 114 (2)
1969–1974 Atlético de Madrid 48 (0)
1974–1979 Hércules 111 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Enrique Vicente Hernández, coñecido como Quique, nado en Salamanca o 8 de febreiro de 1945, é un exfutbolista español que xogaba como defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou co Valladolid na Segunda División o 28 de marzo de 1965, da man do adestrador húngaro Jenő Kálmár, nun partido contra o Cádiz. Fíxose coa titularidade na tempada 1965/66 e mantívose no once inicial en case todos os partidos ata 1969. Disputou un total de 121 partidos oficiais co club de Valladolid.

En 1969 fichou polo Atlético de Madrid, co que debutou na Primeira División nun encontro ante a Real Sociedad en Atotxa, formando na defensa xunto con Melo e Ovejero, aproveitando unha lesión de Calleja.[1] O equipo madrileño, adestrado por Marcel Domingo, proclamouse esa tempada campión de liga por diante do Athletic de Bilbao, contribuíndo Quique con sete partidos, todos eles como titular. Na seguinte tempada xogou o seu primeiro partido na Copa de Europa, contra o Ajax de Johan Cruyff no Estadio Olímpico de Ámsterdam,[2] de novo substituíndo a Calleja, mancado.[3]

En 1972 gañou a Copa do Xeneralísimo e ao ano seguinte a súa segunda liga, nos dous casos con Max Merkel no banco. En abril de 1974 disputou a ida das semifinais da Copa de Europa contra o Celtic, en Celtic Park, entrando na segunda parte como substituto de Gárate. Con todo, foi expulsado só uns minutos despois, tras unha entrada ao escocés Jimmy Johnstone, sendo o terceiro xogador atlético expulsado esa noite, despois de Pandero Díaz e Ayala.[4] O equipo, adestrado por Juan Carlos Lorenzo, acabou chegando á final, onde perdeu contra o Bayern München.

Para a tempada 1974/75 fichou polo Hércules de Arsenio Iglesias, que viña de ascender á máxima categoría. Na súa primeira tempada acadou o quinto posto na liga, o mellor resultados da historia do club. Continuou no club alacantino ata a súa retirada en 1979, disputando un total de 130 partidos oficiais co equipo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "R. Sociedad, 2; At. Madrid, 1". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de decembro de 1969. p. 15. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  2. "Lo previsto, el Atletico no pudo con el Ajax". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de abril de 1971. p. 21. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  3. "Por la Copa: En Amsterdam: Ajax - At. Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de abril de 1971. p. 15. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  4. "El turco pasó la tarjeta...". El Pueblo Gallego (en castelán) (18384). 11 de abril de 1974. p. 14. Consultado o 8 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]