José Águas
José Águas | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Pinto de Carvalho Santos Águas | ||
Nacemento | 9 de novembro de 1930 | ||
Lugar de nacemento | Lobito | ||
Falecemento | 10 de decembro de 2000 | ||
Lugar de falecemento | Lisboa | ||
Altura | 181 centímetros | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1948–1950 | Lusitano | ||
1950–1963 | Benfica | 281 | (290) |
1963–1964 | Austria Viena | 7 | (2) |
Selección nacional | |||
1952–1962 | Portugal | 25 | (11) |
Adestrador | |||
1965–1966 | Atlético CP | ||
1966–1967 | Marítimo | ||
1967–1968 | Atlético CP | ||
1968–1970 | Leixões | ||
1970–1971 | Oriental | ||
1973–1974 | Amora | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Pinto de Carvalho Santos Águas, coñecido simplemente como José Águas, nado en Luanda o 9 de novembro de 1930 e finado en Lisboa o 10 de decembro de 2000, foi un futbolista portugués que xogaba como dianteiro.
Militou durante 13 tempadas no Benfica, converténdose nun dos xogadores máis destacados da historia do club. É o segundo máximo goleador da súa historia, con 379 tantos en 384 partidos, só superado por Eusébio, co que coincidiu no equipo. As súas cifras en liga superan o gol por partido.[1][2][3]
Capitaneou o Benfica na conquista de dúas Copas de Europa consecutivas, en 1961 e 1962, marcando o gol inicial do seu equipo en ambos partidos. Ademais gañou cinco ligas portuguesas e sete Copas de Portugal e foi cinco veces máximo goleador da liga.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Luanda, na Angola Portuguesa, no seo dunha familia colonial portuguesa, sendo o cuarto fillo de Elisa de Conceiçao Pinto, natural do Porto, e de Raúl António Águas, de Lisboa.[4] A familia vivía en Lobito, e alí comezou a súa carreira futbolística, xogando no Lusitano, no que xogaba tamén o seu irmán máis vello, Raúl. En 1950 foi fichado polo Benfica, club no que militou durante os seguintes 13 anos, converténdose nunha lenda.
Gañou cinco veces a Primeira Liga (1954/55, 1956/57, 1959/60, 1960/61 e 1962/63), sendo tamén cinco veces o máximo goleador da competición. Ademais gañou sete veces a Copa de Portugal. Con el como capitán, o Benfica consagrouse como o mellor equipo do continente, conquistando dúas Copas de Europa consecutivas. Na primeira delas, en 1961, derrotou na final por 3-2 ao FC Barcelona no Estadio Wankdorf de Berna, mentres que na seguinte tempada conquistou o título no Estadio Olímpico de Ámsterdam fronte ao Real Madrid (5-3). José Águas foi o autor do primeiro gol do seu equipo en ámbalas dúas finais.
Aos 33 anos deixou o Benfica e xogou unha última tempada no Austria Viena, antes de retirarse. Trala súa retirada adestrou varios equipos, entre eles o Marítimo e o Leixões. Morreu en Lisboa aos 70 anos de idade.[5]
Selección portuguesa[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección de Portugal en 25 ocasións, marcando 11 goles. Debutou o 23 de novembro de 1952, nun empate 1-1 contra Austria, mentres que o seu último partido foi o 17 de maio de 1962, nunha derrota por 1-2 contra Bélxica.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Lisboa con Maria Helena de Jesus Lopes, coa que tivo tres fillos. A súa filla máis vella, Lena d'Água, é unha célebre cantante, mentres que o seu único fillo varón, Rui Águas, foi tamén futbolista. Este xogou no Benfica, igual que seu pai, foi tamén máximo goleador da Primeira Liga, e internacional coa selección portuguesa.
Como xogador[editar | editar a fonte]
Benfica
- Primeira Liga (5): 1954/55, 1956/57, 1959/60, 1960/61, 1962/63.
- Copa de Portugal (7): 1950/51, 1951/52, 1952/53, 1954/55, 1956/57, 1958/59, 1961/62.
- Copa de Europa (2): 1960/61, 1961/62.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Marítimo
- División de Honra de Madeira (1): 1966/67.
- Copa de Madeira (1): 1966/67.
Atlético CP
- Segunda División (1): 1967/68.
Individual[editar | editar a fonte]
- Bola de Prata da Primeira Liga (5): 1951/52, 1955/56, 1956/57, 1958/59, 1960/61.
- Máximo goleador da Copa de Europa (1): 1960/61.
- Máximo goleador da Copa de Portugal (4): 1950/51, 1952/53, 1954/55, 1957/58.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Portugal - All-Time Topscorers". rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ Ferreira Dias, António. "José Águas: O Grande Capitão" (en portugués). Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ Gonçalves, Pedro (15 de xuño de 2015). "Melhores equipas de sempre: Benfica 1960-62". UEFA (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ d'Águas, Lena (2012). José Águas, o meu pai herói (en portugués). Leya. ISBN 978-98-95557-90-5.
- ↑ "José Águas morre aos 70 anos" (en portugués). 10 de decembro de 2000. Consultado o 10 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés)
- Datos do xogador en eu-football.info (en inglés).
- Datos do xogador en zerozero.pt (en portugués).
- Nados en Luanda
- Nados en 1930
- Finados en 2000
- Futbolistas de Portugal
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do FK Austria Wien
- Xogadores da selección de fútbol de Portugal
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Adestradores de fútbol de Portugal
- Adestradores do CS Marítimo
- Adestradores do Leixões SC