Estadio Wankdorf
Estadio Wankdorf | ||||
---|---|---|---|---|
![]() O estadio durante a súa demolición en 2001. | ||||
Tipo | estadio de fútbol e antiga instalación deportiva ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado federado | Suíza | |||
Cantóns | Berna | |||
Rexión administrativa | Bernese Mittelland administrative region (en) ![]() | |||
Distrito administrativo | distrito administrativo de Berna-Mittelland | |||
Comuna | Berna ![]() | |||
Localización | Berna | |||
Enderezo | Papiermühlestrasse 71, 3014 Bern ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1925 ![]() | |||
Inauguración | 18 de outubro de 1925 | |||
Demolición | 3 de agosto de 2001 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol Suíza 1954 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 22 000-64 000 espectadores | |||
Superficie | herba | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | BSC Young Boys ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | BSC Young Boys (1925-2001) | |||
[ Wikidata ] |
O estadio Wankdorf (en alemán: Wankdorfstadion) foi un estadio de fútbol que estaba situado no barrio de Wankdorf, en Berna, Suíza. Xogaba nel como local o BSC Young Boys. Foi construído en 1925 e acolleu importantes partidos internacionais, como as finais do Mundial de 1954, da Copa de Europa 1960-61 e da Recopa de Europa 1988/89.
O estadio foi demolido en 2001, e substituído en 2005 polo Stade de Suisse (hoxe chamado Stadion Wankdorf), situado no mesmo lugar.
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio Wankdorf orixinal foi inaugurado en 1925 despois dun período de sete meses de obras. Tiña unha capacidade de 22.000 espectadores e o primeiro partido internacional que albergou celebrouse o 8 de novembro de 1925. 18.000 espectadores presenciaron aquel día a vitoria por 2-0 da selección suíza sobre Austria.

De 1933 a 1939, o estadio foi gradualmente ampliado, engadíndoselle un campo de adestramento adicional e, finalmente, construíndose novas bancadas para aumentar a capacidade ata os 42.000 espectadores. Para a Copa do Mundo de 1954, o estadio foi demolido e pouco antes de comezar o torneo inaugurouse un novo con capacidade para 64.000 espectadores. O 4 de xullo de 1954 disputouse nel a histórica final coñecida como a "Milagre de Berna", a inesperada vitoria por 3-2 da selección alemá sobre o equipo húngaro, converténdose o estadio nunha icona da historia do fútbol.[1][2]
Albergou dúas grandes finais máis. A primeira delas foi a final da edición 1960/61 da Copa de Europa entre o Benfica e o FC Barcelona, na que saíu vitorioso o equipo portugués por 3-2. En 1989, o estadio foi a sede da final da Recopa de Europa, na que o Barcelona derrotou por 2-0 á Sampdoria.
O último partido no estadio xogouse o 7 de xullo de 2001. Nel, o Young Boys empatou 1–1 contra o FC Lugano.
A continuación o estadio foi demolido e no verán de 2005 inaugurouse no seu lugar o novo Stade de Suisse.
Mundial de Fútbol de 1954
[editar | editar a fonte]O estadio Wankdorf acolleu cinco partidos do Mundial de Fútbol de 1954, incluída a final.
Data | Hora (UTC+1) |
Equipo 1 | Res. | Equipo 2 | Redondo | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|---|
16 de xuño de 1954 | 18:00 | ![]() |
2–0 | ![]() |
Grupo 3 | 20.500 |
17 de xuño de 1954 | 18:00 | ![]() |
4–1 | ![]() |
Grupo 2 | 28.000 |
20 de xuño de 1954 | 17:10 | ![]() |
2–0 | ![]() |
Grupo 4 | 43.119 |
27 de xuño de 1954 | 17:00 | ![]() |
4–2 | ![]() |
Cuartos de final | 40.000 |
4 de xullo de 1954 | 17:00 | ![]() |
3–2 | ![]() |
Final | 62.500 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alemania conquista el Campeonato Mundial de Fútbol". El Correo Gallego (en castelán) (25119). 6 de xullo de 1954. p. 5. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Alemania histórica: La Mannschaft y el Milagro de Berna" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2022. Consultado o 10 de marzo de 2022.