Jorge Larena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Larena
Jorge wiki2.jpg
Información persoal
Nome completo Jorge Larena-Avellaneda Roig
Nacemento 29 de setembro de 1981 (37 anos)
Lugar Las Palmas de Gran Canaria, España
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
UD Las Palmas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997-1999 UD Las Palmas B
1999–2002 UD Las Palmas 67 (9)
2002–2005 Atlético de Madrid 83 (4)
2005–2008 Celta de Vigo 76 (9)
2008-2011 UD Las Palmas 82 (5)
2012–2013 SD Huesca 37 (0)
2013- Recreativo de Huelva
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jorge Larena-Avellaneda Roig, nado o 29 de setembro de 1981 nas Palmas de Gran Canaria é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista ofensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do UD Las Palmas, debutando no primeiro equipo no ano 1999 en Segunda División e facendose ca titularidade ao ano seguinte, xa na máxima categoría.

De cara á tempada 2002/03 fichou polo Atlético de Madrid, aínda que contou con minutos nunca chegou a asentarse no equipo titular, polo que foi traspasado ao Celta de Vigo no verán de 2005. O equipo vigués clasificouse esa tempada para disputar a Copa da UEFA pero Larena non contou con moito protagonismo.

Co descenso do equipo en 2007 e a venda de moitas das estrellas do equipo a importancia relativa de Larena no equipo aumentou, facendo moi boa tempada aínda que o equipo finalmente non conseguiu ascender. Este fracaso fixo que o Celta se tivera que desfacer dos xogadores con fichas máis altas, entre eles Jorge Larena, así no verán de 2008 fichou polo seu club de orixe, o UD Las Palmas.

No verán de 2011 rescinde o contrato que o unía ao UD quedando sen equipo nese momento, polo que adestraría co UD Vecindario para manter o estado de forma. O 31 de xaneiro de 2012 fichou polo SD Huesca e de aí sería traspasado ao Recreativo de Huelva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]