Diego Placente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego Rodolfo Placente»)
Diego Placente
Información persoal
Nome Diego Rodolfo Placente
Nacemento 24 de abril de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,76 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1997 Argentinos Juniors 36 (0)
1997–2001 River Plate 110 (5)
2001–2005 Bayer Leverkusen 123 (3)
2005–2007 Celta de Vigo 59 (0)
2008 San Lorenzo 14 (0)
2008–2010 Bordeaux 9 (0)
2010–2011 San Lorenzo 16 (0)
2011–2012 Nacional 11 (0)
2012–2013 Argentinos Juniors 14 (1)
Selección nacional
2000–2005 Arxentina 22 (0)
Na rede
http://www.diegoplacente.com/
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de xullo de 2011.
editar datos en Wikidata ]

Diego Rodolfo Placente, nado en Buenos Aires o 24 de abril de 1977, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística en Argentinos Juniors e logo dun ano, River Plate contratou a Placente.

Despois de tres anos, o futbolista mudou a Europa, concretamente ó alemán Bayer Leverkusen, equipo no que tivo a oportunidade de conquistar o Bundesliga, a Copa Alemá e a Liga de Campións.

En 2002, o seu equipo chego ata a final de Copa Alemá e Liga de Campións, perdendo a Copa por goles de diferenza co Bayern Munich. Foi tido en conta por Marcelo Bielsa para o mundial de 2002 no Xapón pero apenas xogou.

En 2005 é fichado polo Celta de Vigo, e non foi chamado por José Pekerman para disputar o mundial de 2006 en Alemaña.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Participou en 22 encontros coa selección arxentina entre 2000 e 2005, chegando a xogar o Mundial de Corea e o Xapón de 2002.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión do mundo sub-20 en 1997.
  • Campión suramericano sub-20 en 1997.
  • Tres ligas arxentinas.
  • Finalista da Champions en 2002 (Bayer Leverkusen).
  • Finalista da Copa Alemá en 2002 (Bayer Leverkusen).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]