Daniël de Ridder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Daniel De Ridder»)
Daniël de Ridder
Información persoal
Nome Daniël Robin Frederick de Ridder
Nacemento 6 de marzo de 1984 (40 anos)
Lugar de nacemento Ámsterdam
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Grasshopper
Número 16
Carreira xuvenil
Ajax
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2005 Ajax 30 (3)
2005–2007 Celta de Vigo 20 (1)
2007–2008 Birmingham City 10 (0)
2008–2011 Wigan Athletic 18 (0)
2010Hapoel Tel Aviv (cedido) 11 (2)
2011–2012 Grasshopper 20 (3)
2012–2013 SC Heerenveen 15 (3)
Selección nacional
2004–2007 Países Baixos sub-21 30 (2)
Na rede
UEFA: 68452 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de outubro de 2011.
editar datos en Wikidata ]

Daniël Robin Frederick de Ridder, coñecido como Daniel de Ridder, nado en Ámsterdan o 6 de marzo de 1984, é un futbolista neerlandés. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Grasshopper-Club Zürich.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na prolífica canteira do Ajax de Ámsterdan, debutou no primeiro equipo do conxunto holandés o 21 de xaneiro de 2004, con 19 anos, nun partido ante o Roda JC. Nesa a súa primeira tempada co equipo laranxa (2003/2004) é nomeado mellor debutante da Liga.

Debutou na Liga de Campións en setembro de 2004, e dous meses despois marcou o seu primeiro gol na máxima competición europea de clubs ante o Maccabi Tel Aviv. Fichou polo primeiro equipo do Celta de Vigo na tempada 2005/2006, cun contrato por dous anos prorrogábeis por outros tres.

Vestiu a camisola celeste por primeira vez nun partido disputado en Balaídos ante o Sevilla CF o 25 de setembro de 2005 correspondente á quinta xornada de Liga, onde gañaron os vigueses por 2-1. Nesa primeira tempada como celeste case non xogou na primeira volta, mentres que na segunda, en troques, tivo unha participación moito maior e fíxose habitual nas aliñacións de Fernando Vázquez. Marcoulle o primeiro gol na xornada 30 ao Atlético de Madrid, na vitoria visitante do Celta por 0-3.

A tempada 2006-07 non comezou ben para De Ridder: unha tendinite no tendón rotuliano mantívoo apartado dos terreos de xogo durante varios meses. Cando o Celta descendeu a segunda división, fichou polo Birmingham City.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun centrocampista que xoga tanto no lado dereito como no esquerdo, pero tamén pode ocupar posicións máis avanzadas como dianteiro. É un extremo dun marcado carácter ofensivo que destaca pola súa calidade técnica e creatividade. Gústalle xogar pegado á banda e o seu punto forte é o un contra un, xa que dispón dunha gran variedade de caneos, e centra coa dereita. Aínda que é destro domina ben o balón e pode xogar indistintamente por ambas bandas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • En 2006 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa.
  • En 2007 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07

Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney