Gabriel Tamas
Gabriel Tamas | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Sebastián Gabriel Tamas | ||
Nacemento | 9 de novembro de 1983 (41 anos) | ||
Lugar de nacemento | Brașov | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998-1999 | FC Brașov | 1 | (0) |
1999–2002 | Tractorul Brașov | 34 | (3) |
2002–2003 | FC Dinamo București | 19 | (4) |
2003–2004 | Galatasaray SK | 6 | (0) |
2004-2007 | FC Spartak Moscova | 17 | (0) |
2004–2006 | → FC Dinamo București (Cedido) | 27 | (1) |
2006-2007 | → Celta de Vigo (Cedido) | 40 | (0) |
2007-2010 | AJ Auxerre | 27 | (0) |
2008-2009 | → FC Dinamo București (Cedido) | 34 | (2) |
2010-2013 | West Bromwich Albion FC | 68 | (2) |
2013 | CFR Cluj | ||
Selección nacional | |||
2003- | Selección de fútbol de Romanía | 63 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sebastián Gabriel Tamas, nado o 9 de novembro de 1983 en Brașov, Romanía, é un futbolista que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando nos equipos da súa cidade, o FC Brașov e o Tractorul Brașov, de onde pasou ao FC Dinamo București, un dos grandes equipos de Romanía. O seu bo papel neste equipo fai que en 2003 saia traspasado ao Galatasaray SK turco e ao pouco tempo ao FC Spartak Moscova. No equipo ruso non chegou a adaptarse polo que en 2004 foi cedido de novo ao Dinamo București e en 2006 ao Celta de Vigo, por aquel entón disputando a Copa da UEFA.
O Celta xogaba competición europea pero en liga rematou a tempada descendendo a Segunda División, e Tamas nunca chegou a asentarse no once titular polo que o club non exerceu a opción de compra e no verán de 2007 asinou polo AJ Auxerre francés.
Posteriormente xogou cedido outra vez no Dinamo București e no West Bromwich Albion FC, equipo que se faría cos seus servizos. No ano 2013 firmou polo CFR Cluj pero non remataría a tempada e o club rescindirialle o contrato por un escándalo nocturno do xogador.
Coa selección[editar | editar a fonte]
Debutou coa Selección de fútbol de Romanía o 12 de febreiro de 2003 ante Eslovenia. Disputou co combiando nacional a Eurocopa Autria/Suíza 2008, onde xogou tódolos encontros que disputou a súa selección.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Brașov
- Nados en 1983
- Futbolistas de Romanía
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Brașov
- Xogadores do Tractorul Brașov
- Xogadores do FC Dinamo București
- Xogadores do Galatasaray SK
- Xogadores do FC Spartak de Moscova
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do AJ Auxerre
- Xogadores do West Bromwich Albion FC
- Xogadores do CFR Cluj
- Xogadores da selección de fútbol de Romanía