Matías Emanuel Lequi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matías Lequi
Información persoal
Nome completo Matías Emanuel Lequi
Nacemento 13 de maio de 1981 (38 anos)
  Rosario
Nacionalidade Arxentina
Altura 1,91 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Rosario Central
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2001 Rosario Central 21 (1)
2001–2003 River Plate 40 (1)
2003–2004 Atlético de Madrid 34 (2)
2004–2005 Lazio 6 (0)
2005–2008 Celta de Vigo 80 (5)
2009–2010 Iraklis 14 (0)
2011 Las Palmas 17 (0)
2011–2012 Rosario Central
2012–2013 CA All Boys
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de xullo de 2011.
† Aparicións (Goles)

Matías Emanuel Lequi, nado en Rosario o 13 de maio de 1981, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa e o seu club actual é o CA Rosario Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empeza a xogar na canteira do Rosario Central desde moi pequeno. A súa clase e temperamento non pasan desapercibidos na Arxentina e Matías é fixo de todas as seleccións inferiores do seu país.

En 2001 aparece a grande ocasión de fichar co River Plate.

En 2003 ateriza en Europa coa camiseta do Atlético de Madrid (34 partidos, 2 goles) en préstamo, onde segue mostrando o seu poder. Pero non lle basta para que o Atlético o fiche ó ano seguinte, porque César Ferrando, o adestrador daquel período, pide á directiva branquivermella a contratación do defensa do Albacete e máis adiante da selección Pablo Ibáñez.

Moi doído por esta decisión, Lequi ficha polo Calcio italiano coa camiseta da Lazio (6 partidos, 0 goles). Aquí o seu progreso atrásase decisivamente, non obstante, o xornal da capital italiana o día da súa fichaxe titula : Por fin, Lequi. Nin Caso nin Papadopulo, os dous adestradores do ano na Lazio, fano xogar con frecuencia.

En xaneiro xorde a posibilidade de irse óo Levante UD pero Matias non acepta. No último día para realizar contratacións de xogadores da tempada 2005/2006 o Celta fíchao cedido con opción de compra. En dous meses merece o posto de titular en parede con Sergio da zaga do Celta.

Durante a tempada 2006/2007 foi adquirido polo Celta de Vigo converténdose nunha das resonantes contratacións do club galego para a tempada antes mencionada, asinando así un contrato por 4 anos co club; converténdose nun dos mellores centrais e peza indiscutible na aliñación do Celta. A súa carreira segue en constante ascenso, podendo en calquera momento ser convocado polo seleccionador de Arxentina. O 7 de agosto de 2008, rescinde o seu contrato co Celta de Vigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]