Peletaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peletería»)
Marchante de peles canadense a finais do século XIX.

A peletaría ou peletería[1] é o oficio de preparar peles finas para facer pezas de vestir, accesorios etc. Por exensión, denomínase igualmente peletaría á industria dedicada á elaboración de indumentaria a partir de coiro e pel animal, ou á tenda onde se venden artigos de pel. Trátase dunha das tecnoloxías máis antigas coñecidas, remontándose á prehistoria, e probabelmente a forma máis antiga de elaboración de indumentaria.

Peletaría é tamén o conxunto de peles que elabora ou vende o peleteiro.[1]

Mentres o coiro, especialmente é obtido do gando, é hoxe un artigo estándar na vestimenta, a popularidade das pezas de pel sufriu unha importante diminución nos últimos anos por mor da concienciación de protexer algunhas especies de animais escasos, normativa CITES. Os coidados especiais que require tanto na súa confección como no seu uso fixeron que se considerase tradicionalmente un artigo de luxo; algunhas pezas, como as elaboradas de armiño, foron simbólicas da vestimenta real nalgunhas culturas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peletaría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]