Inside Man
Inside Man | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Inside Man |
Director | Spike Lee |
Produtor | Brian Grazer |
Guión | Russell Gewirtz |
Intérpretes | |
Música | Terence Blanchard |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Barry Alexander Brown |
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures[1] |
Estrea | Nova York: 20 de marzo de 2006 24 de marzo de 2006 |
Duración | 129 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 45 millóns de dólares[2] |
Recadación | 186 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.universalstudiosentertainment.com/inside-man/ e https://www.uphe.com/movies/inside-man | |
|
Inside Man é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Spike Lee e escrito por Russell Gewirtz. Conta a historia dun elaborado roubo en Wall Street. Está protagonizado por Denzel Washington no papel do detective Keith Frazier, un negociador da Policía de Nova York, Clive Owen como Dalton Russell, a mente mestra que orquestra o roubo, e Jodie Foster como Madeleine White, unha broker de Manhattan que se ve envolta no caso a petición do fundador do banco, Arthur Case (Christopher Plummer).
Gewirtz dedicou cinco días a desenvolver a premisa antes de comezar a traballar no que se convertería no guión orixinal. Logo de completar o guión en 2002, Imagine Entertainment mercouno para que fose creado por Universal Pictures, con Ron Howard como director inicial. Logo de que Howard saíse do proxecto, o seu compeñeiro en Imagine, Brian Grazer comezou a buscar un novo director, contratando finalmente a Lee. A fotografía principal comezou en xuño de 2005 e rematou en agosto; a rodaxe produciuse en varias localizacións da cidade de Nova York. Inside Man estreouse en Nova York o 20 de marzo de 2006, antes de estrearse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de marzo de 2006. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou 184,4 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 45 millóns.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Denzel Washington como Detective Keith Frazier
- Clive Owen como Dalton Russell
- Jodie Foster como Madeleine White
- Christopher Plummer como Arthur Case
- Willem Dafoe como Capitán John Darius
- Chiwetel Ejiofor como Detective Bill Mitchell
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Inside Man (2006)". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Inside Man (2006)". Box Office Mojo. Internet Movie Database. Consultado o 30 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Inside Man na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)