Alicia xa non vive aquí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alicia xa non vive aquí
Ficha técnica
Título orixinalAlice Doesn't Live Here Anymore
DirectorMartin Scorsese
ProdutorAudrey Maas
David Susskind
GuiónRobert Getchell
IntérpretesEllen Burstyn
Kris Kristofferson
Diane Ladd
Jodie Foster
FotografíaKent L. Wakeford
MontaxeMarcia Lucas
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 9 de decembro de 1974
Galicia 10 de abril de 1989 (TVG)
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e comedia
Orzamento$1 800 000[1]
Recadación$21 000 000[1]
Na rede
IMDB: tt0071115 Filmaffinity: 524058 Allocine: 47315 Rottentomatoes: m/alice_doesnt_live_here_anymore Mojo: alicedoesntlivehereanymore Allmovie: v1479 TCM: 16175 Metacritic: movie/alice-doesnt-live-here-anymore TV.com: movies/alice-doesnt-live-here-anymore Netlix: 60010069Editar o valor em Wikidata

Alicia xa non vive aquí (en inglés: Alice Doesn't Live Here Anymore) é un filme estadounidense de drama e comedia dirixido por Martin Scorsese e escrito por Robert Getchell.[2] Está protagonizado por Ellen Burstyn, que interpreta unha viúva que viaxa co seu fillo preadolescente polo suroeste estadounidense na busca dunha vida mellor. Tamén aparecen no filme Alfred Lutter que intepreta o papel do seu fillo e Kris Kristofferson, como o home que coñecen durante a viaxe.[2] Foi o cuarto filme de Martin Scorsese. Os actores secundarios inclúen a Billy "Green" Bush, Diane Ladd, Valerie Curtin, Lelia Goldoni, Lane Bradbury, Vic Tayback, Jodie Foster (nunha das súas primeiras aparicións no cinema), e Harvey Keitel.[2]

Ellen Burstyn gañou o Oscar á mellor actriz e o BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación, e o filme conseguiu o BAFTA ó mellor filme.

Estreouse en galego o 10 de abril de 1989 a través da TVG.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Box Office Information for Alice Doesn't Live Here Anymore. Arquivado 10 de xuño de 2015 en Wayback Machine. The Wrap. Consultado o 4 de abril de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 Turner Classic Movies (ed.). "Alice Doesn't Live Here Anymore". Consultado o 25 de maio de 2016. 
  3. "Programación da TVG". ABC. 10 de abril de 1989. Consultado o 12 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]