Saltar ao contido

Joaquim Jordà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquim Jordà

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Joaquim Jordà i Català Editar o valor en Wikidata
9 de agosto de 1935 Editar o valor en Wikidata
Santa Coloma de Farners, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, escritor, guionista, tradutor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0430286 Allocine: 202963 Allmovie: p96384
BNE: XX1002378 Find a Grave: 14738388 Editar o valor en Wikidata

Joaquim Jordà i Catalá, nado en Santa Coloma de Farners o 9 de agosto de 1935 e finado en Barcelona o 24 de xuño de 2006, foi un cineasta e tradutor catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona. Despois estudou na Escola de Cine de Madrid, e en 1952 viaxou a París para entrar no contorno da Cinematheque, establecendo contacto con Éric Rohmer, François Truffaut, Claude Chabrol o Jacques Rivette. Alí adquiriu a conciencia política que marcou a súa obra.

En 1958 ingresou no Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas. Colaborou nas revistas Acento Cultural, Cinema Universitario e Nuestro Cine, e traballou como axudante de dirección, script, xefe de produción e actor con xente como Carlos Durán ou Pere Portabella. Creou a Escola de Cine de Barcelona xunto co produtor e realizador Jacinto Esteva, sendo tamén membros Gonzalo Suárez, Vicente Aranda e José María Nunes.

En 1961 dirixiu a súa primeira curtametraxe Día de muertos xunto a Julián Marcos. En 1966 codirixiu a longametraxe Dante no es únicamente severo xunto a Jacinto Esteva, considerada exemplo das propostas renovadoras da Escola de Barcelona.

A finais da década de 1960 marchou vivir a Italia por mor das dificultades económicas e da censura. Alí estivo até 1973, e realizou filmes de carácter militante ou alternativo, como Lenin vivo (1970), ou I tupamaros ci parlano. Tamén rodou algunhas películas combativas sobre o réxime de António de Oliveira Salazar en Portugal. Xa de regreso a España dirixiu unha colección de libros de cinema, dedicouse á tradución literaria do francés e do italiano, e colaborou como guionista de Vicente Aranda en filmes como Cambio de sexo (1977), El Lute, camina o revienta (1987) e El Lute II, mañana seré libre (1988) e a serie de televisión Los jinetes del Alba.

A partir de 1980 dedicouse plenamente ao cinema documental: Numax presenta... (producido coa caixa de resistencia dos obreiros e obreiras en folga da fábrica Numax), El encargo del cazador (sobre os últimos anos de Jacinto Esteva), De nens (sobre o barrio de El Raval), Mones com la Becky (sobre a lobotomía) e Veinte años no es nada (segunda parte de Numax presenta). En 1996 rodou Un cos al bosc, unha comedia de cine negro ambientada no rural.

En 1998, sendo profesor de comunicación e audiovisual na Universidade Pompeu Fabra, tivo un infarto cerebral, que lle provocou agnosia. Morreu por mor dun cancro de fígado e páncreas.

En 2000 concedéuselle o Premio Nacional de Cine de Cataluña, e en 2006 (a título póstumo) o Premio Nacional de Cinematografía.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Guionista

[editar | editar a fonte]