Saltar ao contido

Chus Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChus Gutiérrez

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Cidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, actriz, directora de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0349484 Allocine: 22902 Allmovie: p204713 BNE: XX1272005 Editar o valor en Wikidata

María Jesús "Chus" Gutiérrez, nada en Granada o 26 de novembro de 1962, é unha directora, escritora e actriz española. Gutiérrez tivo experiencias de ida e volta entre España e os Estados Unidos, o que influíu na súa realización cinematográfica, xa que os seus filmes son coñecidos por tratar temas como a inmigración, a globalización e a multiculturalidade.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gutiérrez, nada en Granada,[2] trasladouse a Madrid coa súa familia en 1970. Marchou a Londres para aprender inglés en 1979, cando tiña 17 anos. Aos 21 anos trasladouse a Nova York para estudar cine en Global Village, baixo a instrución de Fred Barney Taylor.[3] Aos 23 anos, matriculouse no City College of New York, CUNY e foi admitida no Picker Film Institute para continuar coa súa formación cinematográfica.

Gutiérrez traballou por primeira vez con Super 8, co que gañou experiencia no cinema. Participou en rodaxes de numerosas curtametraxes, ralizando funcións de produción e son.[4]

Formou un grupo de flamenco-rap Xoxonees a finais dos 80.[1] O grupo actuou durante algún tempo en diferentes locais de ocio de Nova York e Gutiérrez encargouse da gravación dos videoclips. En 1987 volveu a España para que o grupo gravase o seu disco, mais en 1989 o grupo disolveuse.[5]

Desde os anos 90 traballou principalmente como directora. Non obstante, tamén actuou nalgúns filmes.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A súa irmá Blanca Li é coreógrafa, bailarina e cineasta e a súa filla, Alba Gutiérrez é actriz, guionista e directora.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Notas
1984 Porro on the roof Curtametraxe
1985 Snikers of fire Curtametraxe
1986 Tropicana Curtametraxe
1986 Mery go round Curtametraxe
1987 La cinta dorada Curtametraxe
1988 Pezdro Curtametraxe
1992 Sublet
1994 Sexo oral
1996 Alma gitana
1998 Insomnio
2002 Poniente
2004 ¡Hay motivo! Segmento "Adolescentes"
En el mundo a cada rato Segmento "Las siete alcantarillas"
2005 El Calentito
Lunch Time Curtametraxe
2008 Retorno a Hansala
2009 Cortos - es + Segmento "Sin pensarlo dos veces"
El diario de Manuel Curtametraxe
2010 Mi Primer Amanecer Curtametraxe
Me Gustaría Estar Enamorada... A Veces Me Siento Muy Sola Curtametraxe
Ellas son África Segmento "Namibia - Las que viven en la niebla"
2014 Ciudad Delirio
Sacromonte, Los Sabios De La Tribu
2015 Droga Oral
2020 Rol & Rol
2022 Sin ti no puedo
2023 De caperucita a lobo
  1. 1,0 1,1 Jordan, Barry; Morgan-Tamosunas, Rikki (1998). Contemporary Spanish Cinema (en inglés). Manchester University Press. ISBN 9780719044137. 
  2. "5 actores famosos que a lo mejor no sabías que eran granadinos". Ideal (en castelán). 12 de outubro de 2015. 
  3. Hortelano, Lorenzo J. Torres (2011). Directory of World Cinema: Spain (en inglés). Intellect Books. ISBN 9781841505770. 
  4. "Edición 2016". www.certamendecortossoria.org (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. "Chus Gutiérrez & Revolution Lab: Xoxonees". www.chusgutierrez.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]