Realismo social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Realismo social é o termo utilizado para describir as obras artísticas que procuran dirixir a atención ás condicións reais sociopolíticas da clase traballadora como medio para a crítica das estruturas de poder que se atopan tras estas condicións. Malia que as características deste movemento varían de nación en nación, na maioría dos casos baséase na utilización dunha forma de realismo crítico ou descritivo.[1] Enraizado no realismo europeo, o realismo social procura revelar as tensións entre unha forza hexemónica opresiva e as súas vítimas.[2]

Este termo adoita utilizarse de forma máis concreta para denominar o movemento artístico que xurdiu entre a primeira e a segunda guerra mundial como reacción ás duras condicións e problemas que sufriu a poboación tralo Crac de 1929. Na procura de que a arte fose máis accesible para unha maior audiencia, os artistas enfocáronse na realización de retratos realistas de traballadores anónimos así como de celebridades como símbolos heroicos de forza perante a adversidade. O obxectivo destes artistas era político, procurando expoñer as deterioradas condicións das clases baixas e traballadoras e facer responsable disto ós sistemas sociais.[3]

O realismo social non debe confundirse co realismo socialista, a forma de arte soviética oficial institucionalizada por Iosif Stalin en 1934 e adoptada posteriormente polos partidos comunistas de todo o mundo. Difire tamén do realismo xa que non só presenta condicións de pobreza, senón que faino expresando as tensións entre dúas forzas opostas.[1] Porén, os termos realismo social e realismo socialista utilízanse en ocasións de forma intercambiable.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 James G. Todd Jr, Social realism in: Grove Art Online
  2. Alice., Guillermo, (2001). Protest/revolutionary art in the Philippines, 1970-1990. Quezon City: University of the Philippines Press. ISBN 9715421679. OCLC 50184719. 
  3. Social Realism defined at the MOMA
  4. Max Rieser, The Aesthetic Theory of Social Realism, in: The Journal of Aesthetics and Art Criticism, Vol. 16, No. 2 (Dec., 1957), pp. 237-248

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.