Jean-Louis Forain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Louis Forain
Jean-Louis Forain.jpg
Nome completoLouis Henri Forain
Nacemento23 de outubro de 1852
Lugar de nacementoReims
Falecemento11 de xullo de 1931
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemetery of Le Chesnay
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónpintor, ilustrador, gravador, caricaturista, litógrafo, escultor, augafortista, artista gráfico e debuxante
CónxuxeJeanne Forain
Coñecido porDancer standing behind a covering slide, sen etiquetar e sen etiquetar
Premioscomendador da Lexión de Honor, Oficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Jean-Louis Forain , nado en Reims o 23 de outubro de 1852 e finado o 11 de xullo de 1931, foi un pintor, debuxante, caricaturista e ilustrador francés, vinculado a Toulouse-Lautrec, a quen en realidade precedeu como observador da vida moderna. É considerado o membro máis novo do grupo impresionista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha modesta familia de artesáns. Trasladado a París ao once anos de idade, contou coa protección do escultor Jean-Baptiste Carpeaux e estudou por un tempo na École deas Beaux-Arts, no estudo de Jean-Léon Gérôme e co caricaturista André Gill, aínda que a súa formación foi autodidacta en gran medida. Destacou como ilustrador de publicacións como Le Monde parisien e Le Rire. Tamén buscou o humor nos seus debuxos máis satíricos de xuíces e avogados, nos que tivo un ilustre predecesor, Honoré Daumier. Segundo Siro, Forain foi un dos autores que máis influíron en Castelao, xunto con Olaf Gulbransson, o primeiro polos seus textos nos pés de páxina e o segundo pola liña.[1] Baixo influencia de Manet e Degas, Forain abordou temas recorrentes neles: o teatro, os cafés, a ópera, as casas de alterne e as carreiras de cabalos. Entre 1879 e 1886 participou en catro exposicións impresionistas, invitado por Degas e nunha colectiva da galería Durand-Ruel en Nova York.

A súa primeira mostra individual foi en 1890, na galería Boussod et Valadon dirixida por Theo van Gogh, irmán de Vincent.

Destacou como autor popular a partir de 1890, coas súas caricaturas satíricas. Admirador de Goya, visitou Madrid en 1894 e 1900, a segunda vez para visitar unha exposición súa.

En 1913 expuxo 390 piezas no Museo de Artes Decorativas de París, e en 1917 participou na Exposición de Arte Francesa celebrada en Barcelona con 75 obras. En 1921, por compromiso ofrece ao museo de Reims, a súa cidade natal, un importante lote de debuxos. Morreu o 11 de xullo de 1931

Obras[editar | editar a fonte]

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • De xuño a setembro de 1952, na Bibliothèque nationale polo centenario do seu nacemento.
  • De maio a xuño de 1978, no museo Marmottan de París.
  • De xaneiro a xullo de 1986, no Museo des deux guerres mondiales.
  • 2003, no museo Brayer de Baux de Provence.
  • Do 8 de abril ao 28 de setembro de 2003 no museo Angladon de Aviñón.
  • Do 10 de marzo ao 5 de xuño de 2011 no Petit Palais de París.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L., Siro (1979). Simplicissimus, Gulbransson e Castelao. Grial, revista galega de cultura. Núm. 63. ISBN 84-7154-628-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]