Henri de Toulouse-Lautrec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri de Toulouse-Lautrec.

Henri de Toulouse-Lautrec (24 de novembro de 18649 de setembro de 1901) foi un pintor, impresor e ilustrador francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Xuventude[editar | editar a fonte]

Henri Marie Raymond de Toulouse-Lautrec Monfa naceu en Albi, Tarn, na rexión francesa dos Mediodía-Pireneos. Foi o primeiro fillo do Conde Alphonse e a Condesa Adèle de Toulouse-Lautrec, unha familia de orixe aristocrática que estaba a pasar momentos difíciles. Os Toulouse-Lautrec eran curmáns entre si, o que fixo que Henri sufrira unha serie de enfermidades conxénitas. No 28 de agosto de 1867 naceu outro fillo do matrimonio, pero non conseguiu sobrevivir ás primeiras semanas de vida.

Desfiguración[editar | editar a fonte]

Ós 13 e 14 anos , Henri partiu os seus dous fémures. Os ósos non conseguiron soldar completamente debido a unha desorde xenética que lle provocara osteoporose, o que fixo que as súas pernas cesasen de crecer, chegando só medir 1,4 m de alto debido a isto.

La Goulue chegando ó Moulin rouge.

Fisicamente incapacitado para participar nas actividades normais dun home da súa idade, Toulouse-Lautrec concentrouse na arte, converténdose así nun importante pintor postimpresionista, ilustrador do Art Nouveau e litógrafo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]