Olaf Gulbransson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlaf Gulbransson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(no) Olaf Leonhard Gulbransson Editar o valor em Wikidata
26 de maio de 1873 Editar o valor em Wikidata
Christiania, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Tegernsee, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Colarossi (pt) Traducir
Norwegian National Academy of Craft and Art Industry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncaricaturista , profesor universitario , artista gráfico , pintor , ilustrador , debuxante de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia de Belas Artes de Munique (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGrete Gulbransson (1906–1923)
FillosOlaf Andreas Gulbransson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Gulbransson-2 Tebeosfera: gulbransson_olaf

Olaf Gulbransson nado en Oslo o 26 de maio de 1873 e finado en Tegernsee, Alemaña, o 18 de setembro de 1958, foi un artista, pintor e debuxante noruegués. É coñecido sobre todo polas súas caricaturas e ilustracións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A partir de 1890 traballou en moitas revistas noruegas, como Pluk, Paletten ou Sfinx. En 1902 trasladouse a Alemaña para traballar na revista satírica Simplicissimus despois de que o editor Albert Langen estivera en contacto co autor Bjørnstjerne Bjørnson buscando talento noruegués. En 1929 converteuse en profesor da academia de arte de Múnic. En 1921 Castelao viaxa a Alemaña e coñece a súa obra na Simplicissimus. Segundo Siro, Forain e Gulbranson foron dous dos autores que máis influíron no artista galego, o primeiro polos seus textos nos pés de páxina e o segundo pola liña.[1] Valentín Paz-Andrade negou varias veces esa influencia.

En 1933 a Academia de Arte de Berlín organizou unha exposición especial para celebrar o 60 aniversario de Gulbransson. O partido nazi pechou a exposición despois de só dous días. A pesar diso, os editores de Simplicissimus, Franz Schoenberner e T. T. Heine sinalaron que Gulbransson cooperou activamente cos nazis a partir de 1933 até o final da II guerra mundial ao facer obras satíricas contra os aliados, e Klaus Mann sinalou que iso lle doera especialmente.

As historietas de Gulbransson contiñan unha liña precisa, e rexeitaba a arte de retrato no estilo decorativo da época. Foi coñecido como un dos máis destacados caricaturistas noruegueses. Casou tres veces, a última coa sobriña de Bjørnstjerne Bjørnson, Dagny Bjørnson. Ao final da súa vida recibiu a medallla Goethe. Hoxe en día un premio de humoristas gráficos en Alemaña leva o seu nome.[2]

En 2004 os artistas Lars Fiske e Steffen Kverneland publicaron o libro Olaf G., un álbum retrospectivo sobre Gulbransson.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L., Siro (1979). Simplicissimus, Gulbransson e Castelao. Grial, revista galega de cultura. Núm. 63. ISBN 84-7154-628-0. 
  2. "Olaf G. en Tebeosfera". Consultado o 9-6-2021.