Javier Marías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier Marías

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - filoloxía inglesa Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , catedrático , xornalista , novelista , tradutor , editor literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa, ensaio
Influencias
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de outubro de 2019Més procés és més retallades
20 de decembro de 2018manifesto «Que no ens divideixin» Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJulián Marías Editar o valor em Wikidata  e Dolores Franco Manera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel Marías Franco (pt) Traducir e Fernando Marías Franco Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjaviermarias.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0555908 Dialnet: 194757 Musicbrainz: b5d94891-fcbf-4cd7-9703-501c36270ebd Editar o valor em Wikidata

Javier Marías, nado en Madrid o 20 de setembro de 1951 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2022, foi un escritor, tradutor e editor español, membro da Real Academia Española.[1][2][3] No seu tempo foi considerado un dos novelistas máis relevantes da literatura española contemporánea.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo do filósofo Julián Marías, pasou parte da súa infancia xunto coa súa familia en Estados Unidos, xa que ó seu pai, encarcerado e represaliado por ser republicano, prohibíuselle impartir clases na Universidade española. Recibiu unha sólida educación liberal no Colexio Estudio, herdeiro da Institución Libre de Enseñanza. Licenciouse en Filosofía e Letras (sección de Filoloxía Inglesa) pola Universidade Complutense de Madrid.[4]

Sobriño e curmán, respectivamente, dos cineastas Jess e Ricardo Franco, colaborou con eles na súa xuventude traducindo ou escribindo guións, e mesmo aparecendo como extra nalgunha longametraxe.[4]

En 1970 escribiu a súa primeira novela, Los dominios del lobo, que sería publicada ó ano seguinte. Entre a escritura da obra e a súa publicación, coñeceu ó escritor Juan Benet moi importante na súa vida persoal e literaria.

En 1972 publicou a súa segunda novela, Travesía del horizonte, e en 1978 a terceira, El monarca del tiempo. Ese mesmo ano apareceu a súa tradución da novela de Laurence Sterne: "La vida y opiniones del caballero Tristram Shandy", pola que lle foi concedido o ano seguinte o Premio Nacional de Tradución. En 1983 publicou a súa cuarta novela, El siglo.

Entre 1983 e 1985 impartiu clases de Literatura Española e Teoría da Tradución na Universidade de Oxford. En 1984 faríao no Wellesley College en Boston e entre 1987 e 1992 na Universidade Complutense de Madrid.

En 1986 publicou a novela El hombre sentimental e, en 1988, Todas las almas. Esta última, aínda que obra de ficción, narra a historia dun profesor español que imparte clases en Oxford, o que deu lugar a algún equívoco ó ser identificado de forma errónea o narrador co autor.

En 1990 publicouse a súa primeira recompilación de relatos breves, Mientras ellas duermen e en 1991 a súa primeira recompilación de artigos a súa obra publicada en prensa e revistas.

A novela Corazón tan blanco (1992) tivo un grande éxito tanto de público coma de crítica, e significou a súa definitiva consagración como escritor. Foi traducida a decenas de linguas, e o crítico alemán Marcel Reich-Ranicki, auténtico gurú literario no seu país, mencionou a Marías coma un dos máis importantes autores vivos de todo o mundo. Á súa seguinte novela, publicada en 1994, Mañana en la batalla piensa en mí (título tomado dun verso de Shakespeare, ó igual que Corazón tan blanco), chovéronlle os premios en Europa e América.

En 1998 apareceu Negra espalda del tiempo, novela na que Javier Marías detalla os cruces entre ficción e vida real producidos pola falsa interpretación de Todas las almas como un roman à clef. É tamén nesta obra onde se conta a historia do "lendario, real e ficticio" Reino de Redonda, do que Marías se acababa de converter en soberano, co nome de Xavier I, trala abdicación de Jon Wynne-Tyson. Con evidente ton lúdico, Marías (pese ó seu republicanismo confeso) aceptou o título co obxecto de defender o legado literario do Reino, nomeou unha corte formada por personaxes da cultura nacional e internacional e convocou un premio anual. No ano 2000 creou a editorial Reino de Redonda.

En 2002 comezou a publicar a que podería cualificarse coma a súa novela máis ambiciosa, Tu rostro mañana. Aínda que de lectura independente, continúa con algúns dos personaxes (en particular, o narrador) de Todas las almas. Debido á súa extensión, o autor tiña previsto publicala en dous tomos, aínda que serán tres como mínimo, xa que tras os dous primeiros (Fiebre y lanza, 2002 e Baile y sueño, 2004) está aínda inconclusa.

En 2006 foi elixido membro da Real Academia Española de la Lengua, na que, tras ler o seu discurso de ingreso, ocupará a cadeira R, vacante trala morte de Fernando Lázaro Carreter. Anteriormente declinara pertencer á institución porque o seu pai xa ocupaba unha praza.

É considerado un dos escritores vivos máis relevantes en lingua española. As súas Corazón tan blanco e Mañana en la batalla piensa en mí foron catalogadas por moitos entre os clásicos da literatura castelá case desde a súa publicación. O seu labor como articulista foi moi influente tanto en España como en América Latina e apareceu en medios moi relevantes coma os xornais españois El País, El Semanal (ó que renunciou despois de ser censurado) e a revista mexicana Letras Libres.

Ademais (exclusivamente en termos literarios) é rei de Redonda baixo o nome de King Javier I (a historia do nomeamento aparece en Negra espalda del tiempo). Coa súa investidura outorgou títulos nobiliarios (ficticios) a unha gran cantidade de personaxes das artes e das letras, entre eles Pedro Almodóvar, Arturo Pérez-Reverte, Francis Ford Coppola e John Maxwell Coetzee.

Malia o seu éxito de crítica e público (ou quizais a causa disto), a Marías non lle faltan detractores. A nivel literario, algúns considérano pouco español e estranxeirizante. Outros, un tanto sobrevaluado. Ademais, foron públicas as súas diferenzas e enfrontamentos, entre outros, con Jorge Herralde (editor de Anagrama, na que Javier Marías publicou algunha das súas primeiras obras), Elías e Gracia Querejeta, pola adaptación cinematográfica de Todas las almas, co suplemento de prensa El Semanal, que se negou a publicar un dos seus artigos, ou coa Asociación de Vítimas do Terrorismo, a raíz da publicación do artigo Un país demasiado anómalo.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Los dominios del lobo (1971). Edhasa.
  • Travesía del horizonte (1972). La Gaya Ciencia.
  • El monarca del tiempo (1978). Alfaguara.
  • El siglo (1983). Seix Barral.
  • El hombre sentimental (1986). Anagrama.
  • Todas las almas (1989). Anagrama.
  • Corazón tan blanco (1992). Anagrama.
  • Mañana en la batalla piensa en mí (1994). Anagrama.
  • Negra espalda del tiempo (1998).
  • Tu rostro mañana (2002 - 2007):
    • 1: Fiebre y lanza (2002). Anagrama.
    • 2: Baile y sueño (2004). Anagrama.
    • 3: Veneno, sombra y adiós (2007). Anagrama.
  • Los enamoramientos (2011). Alfaguara.
  • Así empieza lo malo (2014). Alfaguara.
  • Berta Isla (2017). Alfaguara.
  • Tomás Nevinson (2021). Alfaguara.

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Mientras ellas duermen (1990; edición ampliada en 2000). Anagrama.
  • Cuando fui mortal (1996). Alfaguara.
  • Mala índole (1998). Plaza & Janés
  • Mala índole. Cuentos aceptados y aceptables (2012). Alfaguara. Recompilación de 30 relatos

Coleccións de artigos[editar | editar a fonte]

  • Pasiones pasadas (1991). Anagrama.
    • Tres ciudades, un barrio y una casa: Venecia, un interior; El manojo de llaves de la sabiduría; La ciudad más presumida; En Chamberí; La biblioteca invasora
    • Cinco retratos: El señor Benet recibe; El tío Jesús; Retrato imaginario del artista en casa; La espera de un entendido; La muerte de Aliocha Coll
    • Asuntos vitales y asuntos mortales: La edad del recreo; No pareces español; Ocultarse el destino; De la actual dificultad de insultar; La venganza y el mayordomo; Contra la larga vida; Quiénes hacen la cultura; Deseo ser protegido; Lo que no ocurre; El aborigen; Elogio del egoísta; Desalmadas de pensamiento; "Qué asco"; Amor eterno
    • Asuntos no muy literarios: Falsificaciones literarias; Añoranza del árbitro; El hombre que no pudo ser rey; Nada importa; Polvoriento espectáculo; Seis recomendaciones superficiales a los críticos jóvenes
    • Una despedida: La dificultad de perder la juventud
  • Literatura y fantasma (1993), ampliado en 2001. Siruela.
  • Vida del fantasma (1995), ampliado en 2001. Aguilar.
  • Salvajes y sentimentales. Letras de fútbol (2000), ampliado en 2010. Aguilar.
  • Donde todo ha sucedido. Al salir del cine (2005). Galaxia Gutenberg.
  • Aquella mitad de mi tiempo. Al mirar atrás (2008). Galaxia Gutenberg.
  • Los villanos de la nación. Letras de política y sociedad (2010). Libros del Lince.
  • Publicados no suplemento dominical XL Semanal (diario ABC e 22 diarios rexionais):
    • Mano de sombra (1997), artigos de 1995-97. Alfaguara.
    • Seré amado cuando falte (1999), artigos de 1997-99. Alfaguara.
    • A veces un caballero (2001), artigos de 1999-01. Alfaguara.
    • Harán de mí un criminal (2003), artigos de 2001-02. Alfaguara.
  • Publicados no suplemento dominical El País Semanal (diario El País):
    • El oficio de oír llover (2005), artigos de 2003-05. Alfaguara.
    • Demasiada nieve alrededor (2007), artigos de 2005-07. Alfaguara.
    • Lo que no vengo a decir (2009), artigos de 2007-09. Alfaguara.
    • Ni se les ocurra disparar (2011), artigos de 2009-11. Alfaguara.
    • Tiempos ridículos (2013), artigos de 2011-13. Alfaguara.
    • Juro no decir nunca la verdad (2015), artigos de 2013-15. Alfaguara.
    • Cuando los tontos mandan (2018), artigos de 2015-17. Alfaguara.
    • Cuando la sociedad es el tirano (2019), artigos de 2017-19Alfaguara.
    • ¿Será buena persona el cocinero? (2022), artigos de 2019-21. Alfaguara.
  • Lección pasada de moda. Letras de lengua (2012). Galaxia Gutenberg. 49 artigos sobre o idioma español.

Infantil[editar | editar a fonte]

  • Ven a buscarme (2011). Alfaguara.

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras (excluídos artigos) traducidas por Javier Marías:

Si yo amaneciera otra vez e Desde que te vi morir inclúen traducións de poemas de Faulkner e Nabokov, respectivamente, e ensaios de Javier Marías.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Cuentos únicos (1989). Siruela.
  • Vidas escritas (1992). Siruela.
  • El hombre que parecía no querer nada (1996). Espasa.
  • Miramientos (1997). Alfaguara.
  • Faulkner y Nabokov: dos maestros (2009). Debolsillo.
    • Si yo amaneciera otra vez de William Faulkner (1997). Alfaguara.
    • Desde que te vi morir de Vladimir Nabokov (1999). Alfaguara.
  • El Quijote de Wellesley: Notas para un curso en 1984 (2016). Alfaguara.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Tradución por La vida y las opiniones del caballero Tristram Shandy (1979).
  • Premio Herralde de Novela por El hombre sentimental (1986).[5]
  • Premio Cidade de Barcelona por Todas las almas (1989).
  • Premio da Crítica por Corazón tan blanco (1993).
  • Prix L'Œil et la Lettre por Corazón tan blanco (1993).
  • Premio Rómulo Galegos por Mañana en la batalla piensa en mí (1995).
  • Premio Fastenrath (Real Academia Española de la Lengua) por Mañana en la batalla piensa en mí (1995).
  • Prix Femina Étranger (Francia) á mellor novela estranxeira por Mañana en la batalla piensa en mí (1996).
  • Premio Nelly Sachs (Dortmund) polo conxunto da súa obra (1997).
  • IMPAC International Dublin Literary Award (Trinity College de Dublín) por Corazón tan blanco (1997).
  • Premio Letterario Internazionale Mondello-Città di Palermo por Mañana en la batalla piensa en mí (1998).
  • Premio Comunidade de Madrid á creación artística polo conxunto da súa obra (1998).
  • Premio Internazionale Ennio Flaiano por El hombre sentimental (2000).
  • Premio Grinzane Cavour (Turín) polo conxunto da súa obra (2000).
  • Premio Internacional Alberto Moravia de narrativa estranxeira (Roma) polo conxunto da súa obra (2000).
  • Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes polo artigo El oficio de oír llover (2003).
  • Premio Salambó ó mellor libro de narrativa por Tu rostro mañana, 1: Fiebre y lanza (2003).
  • Premio José Donoso en polo conxunto da súa obra, Universidade de Talca, Chile (2008).
  • Premio Internacional de Literatura Nonino polo conxunto da súa obra, (Italia) (2011).
  • Premio Austríaco de Literatura Europea (2011).
  • Premio Nacional de Narrativa (de España) por Los enamoramientos: rexeitado polo autor (2012).
  • Premio Formentor de las Letras (2013)
  • Premio da Crítica de narrativa castelá por Berta Isla (2017)
  • Premio de Periodismo Diario Madrid (2020).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 20minutos (2022-09-11). "Muere el novelista español Javier Marías a los 70 años". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2022-09-11. 
  2. "Muere Javier Marías, el gran novelista español del último medio siglo". abc (en castelán). 2022-09-11. Consultado o 2022-09-11. 
  3. "Javier Marías". Real Academia Española (en castelán). Consultado o 2022-09-11. 
  4. 4,0 4,1 "Biografía de Javier Marías". www.javiermarias.es. Consultado o 2022-09-11. 
  5. Jarque, Fietta (18 de novembro de 1986). "Javier Marías gana el Premio Herralde de novela con 'El hombre sentimental'". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]