Jason Remeseiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jason
Jason co Getafe CF en 2019
Información persoal
Nome David Remeseiro Salgueiro
Nacemento 6 de xullo de 1994
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Arouca
Número 10
Carreira xuvenil
Imperátor
2007–2009 Deportivo da Coruña
2009–2011 Montañeros
2011–2012 Racing de Ferrol
2012–2013 Levante
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Levante B 42 (4)
2013–2019 Levante 97 (13)
2014–2015Villarreal B (cedido) 22 (5)
2015–2016Albacete (cedido) 20 (2)
2019–2022 Valencia 22 (0)
2019–2020Getafe (cedido) 20 (1)
2022–2023 Alavés 48 (2)
2023– Arouca 9 (0)
Na rede
UEFA: 250086688 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

David Remeseiro Salgueiro, coñecido como Jason Remeseiro ou simplemente Jason, nado na Coruña o 6 de xullo de 1994, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Arouca, da Primeira Liga.

É curmán do tamén futbolista Marcos Remeseiro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio coruñés dos Mallos e comezou a xogar ao fútbol no Imperátor. De aí pasou á canteira do Deportivo da Coruña, onde para diferencialo doutros dous compañeiros chamados David, o adestrador alcumouno Jenson, facendo referencia ao piloto Jenson Button é a súa velocidade. O alcume derivou logo en Jason, como pasou a ser coñecido.[2]

Tras dous anos nas filas deportivistas, o adestrador Miguel Gamallo descartouno pola súa baixa estatura.[1] A pesar deste golpe e animado por seu pai, probou sorte no Montañeros, pasando logo aos xuvenís do Racing de Ferrol, que o levaban tempo seguindo grazas ás referencias do seu curmán Marcos Remeseiro, que xogaba no equipo xuvenil ferrolán.[3] Un ano despois incorporouse á canteira do Levante.

Levante UD[editar | editar a fonte]

Na súa única tempada nos xuvenís do Levante foi un dos futbolistas máis destacados do equipo, marcando 15 goles en 34 partidos.[4] Disputou tamén tres partidos co filial, o Atlético Levante, en Segunda División B, e ao final da tempada asinou un novo contrato de dous anos para xogar no filial.[5]

O 25 de agosto de 2013 debutou na Primeira División, entrando case ao final do partido da segunda xornada contra o Sevilla FC no Sánchez Pizjuán.[6] Co filial disputou 25 partidos esa tempada, na que o club descendeu a Terceira.

En agosto de 2014 saíu cedido ao Villarreal B, pero o Levante recuperouno xa en xaneiro para reforzar o equipo de Lucas Alcaraz.[7] Marchou cedido de novo ao ano seguinte, esta vez ao Albacete. Marcou o seu primeiro gol como profesional o 3 de xaneiro de 2016, nun empate 2-2 contra a SD Ponferradina no Estadio Carlos Belmonte.[8] O equipo acabou descendendo ao final da tempada á Segunda División B.[9]

Na tempada 2016/17 gañou un posto no primeiro equipo do Levante, descendido á Segunda División na tempada anterior. Marcou 10 goles e contribuíu de xeito importante a que o equipo se proclamase campión de Segunda e regresase á máxima categoría só un ano despois.

Militou dúas tempadas máis no Levante, acadando os 105 partidos disputados, con 13 goles anotados.

Valencia[editar | editar a fonte]

En xullo de 2019 asinou un contrato de tres anos co Valencia CF.[10] Con todos, pouco despois foi cedido ao Getafe CF, tamén da Primeira División.[11] Participou en algo máis da metade dos partidos do equipo madrileño, que rematou a tempada na oitava posición,[12] e anotou un gol, precisamente fronte ao Valencia en Mestalla.[13]

Na tempada 2020/21 volveu ao Valencia, debutando co equipo "che" en Balaídos contra o Celta de Vigo.[14] Xogou un total de 17 encontros de liga esa tempada co equipo de Javier Gracia, pero só 4 deles como titular. O seu protagonismo no equipo reduciuse na seguinte campaña, con Bordalás no banco,[15] e en xaneiro foi traspasado ao Alavés de José Luis Mendilibar.[16]

Alavés[editar | editar a fonte]

Disputou 14 partidos no que restaba da tempada 2021/22, que rematou co descenso do Alavés á Segunda División. Na seguinte campaña, con Luis García no banco, xogou un total de 38 encontros, 23 deles como titular, e marcou dous goles, contribuíndo ao regreso do conxunto vitoriano á máxima categoría.[17] O primeiro dos seus dous goles coa camiseta do Alavés chegou cun espectacular saque de falta que lle deu ao o equipo vasco a vitoria ante o Zaragoza (1-0) e que foi descrito polo capitán rival, Alberto Zapater, como un dos mellores que vira na súa carreira.[18]

Arouca[editar | editar a fonte]

En xullo de 2023 desvencellouse do Alavés e trasladouse a Portugal, onde asinou co Arouca, da Primeira Liga.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""No puedo achacarle nada al Dépor porque una persona no confiase en mí"". La Opinión A Coruña (en castelán). 10 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  2. "El curioso caso de Jason, 'bautizado' por la Fórmula 1". El Mundo (en castelán). 3 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  3. Bruquetas, Antón (23 de maio de 2013). "Exiliarse para seguir creciendo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  4. "Jason jugará cedido durante la presente temporada en el Villarreal CF B" (en castelán). 14 de agosto de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  5. "Jason renueva por dos temporadas y el nuevo proyecto del Levante Juvenil". 1 de xullo de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  6. "Jason vuelve al Camp Nou". Marca (en castelán). 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  7. "Jason regresa al Levante UD tras jugar cedido en el Villarreal CF B" (en castelán). 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  8. "La Ponferradina remonta por dos veces ante el Albacete". Marca (en castelán). 3 de xaneiro de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  9. "Jason jugará cedido en el Albacete Balompié" (en castelán). 31 de agosto de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  10. "Comunicado oficial" (en castelán). 1 de xullo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  11. "Jason se marcha cedido al Getafe" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  12. "Valencia vs. Getafe: un paso en el tiempo" (en castelán). 29 de outubro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  13. "La 'venganza' de Jason" (en castelán). 26 de setembro de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  14. "Aspas es el martillo pilón del Celta". Marca (en castelán). 19 de setembro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  15. Monsalve, Mario (2 de xaneiro de 2022). "Valencia y Alavés cierran el traspaso que se cayó en verano por Jason" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  16. "El Deportivo Alavés cierra el fichaje de Jason" (en castelán). 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  17. 17,0 17,1 García, Iker (4 de xullo de 2023). "Jason Remeseiro deja el Deportivo Alavés y ficha por un equipo portugués". Noticias de Álava (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  18. "El impresionante derechazo de Jason o ¿la mejor falta de la temporada?". Marca (en castelán). 4 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]