James Pollock
![]() James Pollock Gobernador de Pensilvania (1855-1858) Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1861-1866) / (1869-1873) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1810 Milton. ![]() |
Morte | 19 de abril de 1890 (79 anos) Lock Haven. ![]() |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
maio de 1861 – setembro de 1866 ← James Ross Snowden – William Millward → | |
![]() ![]() | |
16 de xaneiro de 1855 – 19 de xaneiro de 1858 ← William Bigler – William F. Packer (pt) ![]() | |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
5 de abril de 1844 – 3 de marzo de 1849 ← Henry Frick – Joseph Casey (pt) ![]() Circunscrición electoral: Pennsylvania's 13th congressional district (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. ![]() |
Ocupación | Político e alto funcionario. |
Partido político | Partido Whig dos Estados Unidos ![]() |
![]() ![]() ![]() |
James Pollock, nado en Milton, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810 e finado en Lock Haven, no mesmo Estado, foi un xurista, político e alto funcionario estadounidense, gobernador de Pensilvania de 1855 a 1858 e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos nos períodos 1861-1866 e 1869-1873.
Traxectroia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación en dereito
[editar | editar a fonte]James Pollock naceu en Milton, no condado de Northumberland, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810,[1][2] fillo de Sarah Wilson e de William Pollock.[3]
Na súa cidade natal asistiu á escola privada Kirkpatrick.[2] Logo cursou estudos de Dereito na Universidade de Princeton, onde se graduou en 1831. Ingresou no Colexio de Avogados de Pensilvania en 1833,[4] e dous anos máis tarde foi nomeado fiscal do condado de Northumberland.[1][2][3]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Pollock foi elixido membro da Cámara de Representantes polo partido Whing, posto que ocupou desde o 5 de abril de 1944 ao 4 de marzo de 1850.[1][2][4] Durante este período presentou un proxecto de lei en 1848 e posteriormente encabezou un comité para favorecer a construción da liña de ferrocarril á costa do Pacífico.[3]

Posteriormente foi elixido gobernador do Estado de Pensilvania e serviu neste cargo entre 1854 e 1858,[1][4] ano en que declinou presentarse á reelección para seguir dedicándose ao dereito.[2][3]
Dirección da Casa da Moeda dos EEUU
[editar | editar a fonte]O presidente Abraham Lincoln nomeou a Pollock director da Casa da Moeda dos Estados Unidos en maio de 1861,[3][4] nuns momentos de grande escaseza de moeda miúda no país. El foi o promotor da inclusión do lema IN GOD WE TRUST nas moedas dos Estados Unidos, que segue aínda vixente.[1][2][5]
O seu primeiro mandato á fronte da US Mint concluíu en setembro de 1866 e Pollock retornou á actividade privada, mais en maio de 1869 o presidente Ulysses S. Grant volveu nomealo para ocupar a dirección, posto que mantivo ata marzo de 1873.[2][4] A partir deste ano, e en virtude da Lei da Moeda de 1873, pasou a ocupar o cargo de superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia ata 1879.[1][4][6]
Entre 1880 e 1884, Pollock serviu como funcionario naval de alfándegas e en 1886 foi nomeado Supervisor Federal Xefe de eleccións.[2][6]
Entre outras entidades asociativas e académicas, Pollock ingresou en 1863 na Sociedade Filosófica Americana.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]James Pollock era un home cunha profunda fe relixiosa e formou parte da Asociación Nacional da Reforma, que procuraba introducir unha emenda acerca da relixión na Constitución dos Estados Unidos.[5]
Pollock casou con Sarah Ann Hepburn en 1837, con quen tivo tres fillos e cinco fillas.[1]
Faleceu en Lock Haven, Pensilvania,[1] o 19 de abril de 1890,[6] e foi soterrado no cemiterio de Milton.[2][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Pollock, James". Bibliographical Directory of the United States Congress.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 134.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Evans, G. G. (1893).
- ↑ 5,0 5,1 Myers, R. A. (2020). "How did "In God We Trust" come to be on American currency? A 19th century Presbyterian played a major role". Log College Press. 25 de xullo.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 135.
- ↑ "James Pollock". American Philosophical Society Member History Database.
- ↑ "James Pollock". Find a Grave.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Pollock ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, G. G. (1893). "James Pollock, A.M., LL.D,". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 103.
- Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). "James Pollock". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 134-135.
- Smith, P. (2012). "Pollock, James". En American Numismatic Biographies. Páxina 291.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: James Ross Snowden Henry Linderman |
![]() Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1861-1866 1869-1873 |
Sucesor: William Millward Henry Linderman |