P. K. Subban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
P. K. Subban
PK Subban - Montreal Canadiens 2015b.jpg
P.K. Subban cos Montreal Canadiens en 2015.
Nacemento 13 de maio de 1989
Toronto, Ontario (Canadá)
Estatura 6 ft 0 in (183 cm)
Peso 210 lb (95 kg; 15 st 0 lb)
Posición D
Tiros Dereita
Equipo NHL
Antigos equipos
Nashville Predators
AHL
Hamilton Bulldogs
Selección  Canadá
Entrada Draft da NHL 43º, 2007
Montreal Canadiens
Carreira 2009–presente

Pernell Karl "P. K." Subban,[1] nado o 13 de maio de 1989 en Toronto (Ontario, Canadá) é un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense. Subban foi seleccionado na segunda rolda do draft de 2007 no posto 43 polos Montreal Canadiens, equipo do que foi capitán. Xoga na posición de defensa e o seu equipo na tempada 2016-17 eran os Nashville Predators. En 2013, gañou o James Norris Memorial Trophy, e foi xunto con Kris Letang como máximo anotador entre todos os defensas.

Internacionalmente, Subban gañou a medalla de ouro coa selección canadense nos Xogos Olímpicos de 2014 celebrados en Sochi (Rusia).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Subban asinando autógrafos en 2013.

Os pais de Subban emigraron a Ontario dende o Caribe nos anos 1970s. O seu pai Karl trasladouse de Xamaica a Sudbury, e súa nai, Maria, dende Montserrat a Hamilton. Karl é un director de escola retirado.[2] P. K. naceu en Toronto, e tivo catro irmáns: Nastassia, Natasha, Jordan e Malcolm.[3] P. K., Malcolm e Jordan xogaron nos Belleville Bulls durante a súa etapa júnior. Ao medrar, Subban e o número un do draft da NHL en 2009 John Tavares fixéronse bos amidos.[4] Malcolm é porteiro e foi elixido polos Boston Bruins na primeira rolda do draft de 2012, mentres que Jordan foi elixido na cuarta rolda do draft de 2013 polos Vancouver Canucks.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subban pasou a súa carreira júnior nos Belleville Bulls da Ontario Hockey League (OHL). Na tempada 2005–06 conseguiu un rexistro de 12 puntos nunha campaña como novato na que xogou 52 partidos. Na Tempada 2006–07 conseguiu 56 puntos en 68 partidos. Subban foi seleccionado polos Canadiens na post-tempada. Na tempada seguinte conseguiu 48 puntos en 58 partidos, antes de engadir 23 puntos e igualar o total de goles na tempada regular nos play-offs. Axudou a Belleville a alcanzar as finais da J. Ross Robertson Cup Fronte aos Kitchener Rangers, contra os que perderían en sete partidos. Logo dunha tempada júnior na que conseguiu 76 puntos en 56 partidos na tempada 2008-09, Subban asinou un contrato por tres anos cos Canadiens.[6]

Subban foi asignado aos Hamilton Bulldogs da American Hockey League (AHL) para comezar a tempada 2009–10. Foi elixido para xogar o 2010 AHL All-Star Game en Portland. pouco despois, foi chamado por primeira vez polos Canadiens o 11 de febreiro de 2010. Ao día seguinte anotou o seu primeiro punto na NHL, unha asistencia, no seu debut fronte aos Philadelphia Flyers o 12 de febreiro.

O 26 de abril de 2010, Subban foi chamado polos Canadiens durante a primeira rolda dos play-offs fronte aos Washington Capitals,[7] anotando o seu primeiro punto nos play-offs da NHL, unha asistencia, o 26 de abril de 2010.[8] O seu primeiro gol chegou no primeiro partido da segunda rolda das series polo título dos Canadiens fronte aos Pittsburgh Penguins o 30 de abril de 2010.[9] No terceiro partido da final de conferencia de 2010 fronte aos Philadelphia Flyers, Subban converteuse no primeiro defensa rookie en conseguir tres asistencias nun partido.[10] En total, Subban rexistrou un gol e oito puntos en 14 partidos de play-off cos Canadiens.

Despois de que os Canadiens foran eliminados polos Flyers, Subban regresou aos Bulldogs, que aínda mantiñan opcións nos play-offs da Calder Cup.[11] Subban recibiu o President's Award da AHL como recoñecemento aos seus logros na tempada 2009–10.[12]

O 20 de marzo de 2011 converteuse no primeiro defensa novato dos Canadiens en anotar un hat-trick nun partido. Este feito tivo lugar na vitoria por 8-1 do equipo de Montreal fronte aos Minnesota Wild.[13]

Xogando 81 partidos na tempada 2011–12, Subban anotou sete goles e 29 asistencias. Subban perdeuse os catro primeiros partidos da tempada 2012-13 ao ser axente libre logo da tempada 2011-12 mentres as dúas partes negociaban o contrato. O 28 de xaneiro de 2013 asinou un acordo por dous anos coa franquía de Montreal por 5,75 millóns de dólares.[14]

Subban rexistrou 11 goles e 27 asistencias, conseguindo o seu récord persoal con 38 puntos malia ter xogado só 42 partidos nunha tempada reducida a causa do lockout. Ao final da tempada 2012–13, Subban gañou o James Norris Memorial Trophy, entregado ao mellor defensa da NHL.[15] O 3 de xullo de 2013, Subban foi nomeado para o Primeiro Equipo All-Star da NHL.

Subban xogou 82 partidos na liga regular da tempada 2013–14, na que conseguiu 53 puntos, con 10 dos puntos en goles, e foi un dos asistentes máis importantes de Montreal nos play-offs, conseguindo 14 puntos en 17 partidos.

Subban converteuse en axente libre ao final da tempada 2013-14, cando finalizou o seu contrato. De acordo co Convenio Colectivo da NHL (NHL CBA), Subban gañou o dereito á arbitraxe salarial, tendo asinado o seu primeiro contrato entre os 18 e os 20 anos e tendo acumulado catro anos de experiencia profesional ou máis.[16] Solicitou a arbitraxe antes da data límite de 5 de xullo.[17] A audiencia tivo lugar o 1 de agosto, con Subban pedindo un acordo dun ano por 8,5 millóns de dólares e os Canadiens 5,5 millóns.[18]

Baixo as regras do Convenio Colectivo, as partes poden seguir negociando ata que o árbitro anuncie a súa decisión, emitida 48 horas despois da audiencia. Como a arbitraxe foi solicitada polo xogador, unha vez que o árbitro emitiu a súa decisión, o equipo tivo 48 horas para poñerse de acordo nos termos ou deixalo, convertendo a Subban en axente libre sen restricións.[19] O día despois da audiencia, o 2 de agosto de 2014, anunciouse que Subban e os Habsacordaran os termos dun contrato de oito anos por 72 millóns de dólares, ampliándose ata a tempada 2021-22.[20] Este contrato o converteu no defensa mellor pagado e o terceiro xogador mellor pagado da liga no momento.[21]

O 15 de setembro de 2014, Subban foi nomeado capitán dos Canadiens xunto con Max Pacioretty, Tomáš Plekanec e Andrei Markov.[22]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
Hóckey sobre xeo
Xogos Olímpicos de Inverno
Ouro Sochi 2014 {{{2}}}
Campionato do mundo
Ouro Canadá 2007 {{{2}}}
Ouro República Checa 2009 {{{2}}}

Subban debutou internacionalmente coa selección do Canadá no campionato do mundo júnior de hóckey sobre xeo 2008, celebrado na República Checa. Tivo un tempo limitado no xeo como sétimo defensa do Canadá, mais foi capaz de axudar ao equipo a conseguir a súa cuarta medalla de ouro consecutiva no torneo, derrotando a Suecia na prórroga da final. Subban representou de novo a Canadá no campionato do mundo júnior de hóckey sobre xeo 2009 celebrado en Otava, tendo un papel máis importante no equipo. Anotou tres goles e nove puntos, e un diferencial de +12 no torneo, axudando a Canadá a conseguir a súa quinta medalla de ouro consecutiva tras derrotar de novo a Suecia na final. Subban formou parte do Equipo All-Star do torneo xunto co MVP e amigo cercano seu John Tavares.

Subban foi invitado a participar no Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2012, mais lesionouse durante a preparación do campionato. Subban foi posteriormente chamado para xogar coa selección canadense no Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2013. Uniuse ao equipo no partido de cuartos de final, no que os canadenses perderon fronte a Suecia. Subban formou parte do equipo do Canadá durante o Xogos Olímpicos de 2014, conseguindo a medalla de ouro.[23]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Subban cos Montreal Canadiens en 2012.

Liga regular e play-offs[editar | editar a fonte]

    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM
2005–06 Belleville Bulls OHL 52 5 7 12 70 3 0 0 0 2
2006–07 Belleville Bulls OHL 68 15 41 56 89 15 5 8 13 26
2007–08 Belleville Bulls OHL 58 8 38 46 100 21 8 15 23 28
2008–09 Belleville Bulls OHL 56 14 62 76 94 17 3 12 15 22
2009–10 Hamilton Bulldogs AHL 77 18 35 53 82 7 3 7 10 6
2009–10 Montreal Canadiens NHL 2 0 2 2 2 14 1 7 8 6
2010–11 Montreal Canadiens NHL 77 14 24 38 124 7 2 2 4 2
2011–12 Montreal Canadiens NHL 81 7 29 36 119  —  —  —  —  —
2012–13 Montreal Canadiens NHL 42 11 27 38 57 5 2 2 4 31
2013–14 Montreal Canadiens NHL 82 10 43 53 81 17 5 9 14 24
Totais na NHL 284 42 123 167 383 43 10 20 30 63

Internacionais[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Evento Resultado   PX G A Pts PIM
2006 Canadá Ontario WHC17 5th 5 0 1 1 0
2008 Canadá WJC Gold medal icon.svg 7 0 0 0 2
2009 Canadá WJC Gold medal icon.svg 6 3 6 9 6
2013 Canadá CM 5th 1 0 0 0 0
2014 Canadá Oli Gold medal icon.svg 1 0 0 0 0
Totais júnior 18 3 7 10 8
Totais sénior 2 0 0 0 0

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Liga Premio Ano
OHL Primeiro Equipo All-Star 2009
AHL All-Rookie Team 2010
AHL President's Award 2010
NHL All-Rookie Team 2011
NHL James Norris Memorial Trophy 2013
NHL Primeiro Equipo All-Star da NHL 2013

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CanWest MediaWorks Publications Inc, ed. (25 de xuño de 2007). "Speedy Subban has lots of confidence" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  2. Etobicoke Guardian, ed. (25 de xuño de 2013). "Subban family, Claireville school community gather for principal’s retirement" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  3. Toronto Star, ed. (24 de decembro de 2007). "P.K. Subban's NHL dream" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  4. Gordon, Sean (23 de agosto de 2012). The Globe and Mail, ed. "Subban, Tavares set friendship aside, just for a night" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  5. Belleville Bulls, ed. (30 de xuño de 2013). "Canucks make Jordan Subban fourth round selection" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  6. "Canadiens sign defencemen Subban, Benoit to contracts". TSN. 2009-05-14. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 2009-05-14. 
  7. "Subban's callup adds extra drama ahead of Game 6". CBC Sports. 2010-04-26. Consultado o 2010-12-14. 
  8. Stubbs, Dave (27 de abril de 2010). "Subban solid in playoff debut with Canadiens". National Post. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2015. 
  9. Doug Harrison (2010-04-30). "Penguins' power play ices Habs". CBC Sports. Consultado o 2010-12-14. 
  10. Tim Wharnsby (2010-05-20). "Canadiens dominate Flyers in Game 3". CBC Sports. Consultado o 2010-12-14. 
  11. "Springtime hockey continues for Subban". Sportsnet. 2010-05-25. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 2010-12-14. 
  12. "Habs prospect Subban wins AHL honours". Toronto Sun. 2010-07-08. Consultado o 2010-12-14. 
  13. Stéphane Laberge (2011-03-26). "P. K. Subban écrit l'histoire" (en francés). RDS. Consultado o 2011-03-28. 
  14. "Canadiens sign Subban to two-year, $5.75M contract". TSN. 2013-01-28. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2013-06-12. 
  15. "NHL Awards: Capitals star Alex Ovechkin wins Hart Trophy as league's MVP". Winnipeg Free Press. Consultado o 2013-06-17. 
  16. "NHL Collective Bargaining Agreement" (PDF). NHL. Consultado o 17 September 2014. 
  17. Ken Campbell (5 July 2014). "Great news for Canadiens fans: P.K. Subban files for arbitration". The Hockey News. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 17 September 2014. 
  18. Sean Fitz-Gerald (1 August 2014). "A rundown of Montreal Canadiens defenceman P.K. Subban’s arbitration hearing and what comes next". National Post. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2014. Consultado o 17 September 2014. 
  19. "NHL Collective Bargaining Agreement" (PDF). NHL. Consultado o 17 September 2014. 
  20. "Canadiens agree to terms on an 8-year contract with defenseman P.K. Subban". Montreal Canadiens. Consultado o August 2, 2014. 
  21. Arpon Basu (3 August 2014). "Subban, Canadiens agree to terms on 8-year contract". NHL. Consultado o 17 September 2014. 
  22. "Canadiens opt for four alternate captains this season". NHL. 15 September 2014. Consultado o 15 September 2014. 
  23. CTV News, ed. (2 de febreiro de 2015). "PK Subban, Carey Price will play for Team Canada in Sochi" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Erik Karlsson
Gañador do James Norris Memorial Trophy
2013
Sucesor:
Duncan Keith