Igrexa do Sacramento de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa do Sacramento
Fachada principal dende Calle Mayor.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónMadrid Comunidade de Madrid
TipoIgrexa
AdvocaciónSantísimo Sacramento
LocalizaciónMadrid
Coordenadas40°24′53″N 3°42′44″O / 40.414769, -3.712306Coordenadas: 40°24′53″N 3°42′44″O / 40.414769, -3.712306
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseMadrid
Arquitectura
Construción1671-1744
ArquitectosJuan Gómez de Mora
EstiloBarroco
Páxina webhttps://www.arzobispadocastrense.com/
Igrexa do Sacramento en Comunidade de Madrid
Igrexa do Sacramento
Igrexa do Sacramento
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa do Sacramento de Madrid, (en castelán: Iglesia del Sacramento) tamén coñecida como Igrexa Catedral das Forzas Armadas e Catedral Castrense é un templo católico de Madrid, España. Atópase na rúa do Sacramento, moi preto do Palacio Real e a carón do Palacio de los Consejos.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa e a súa cúpula, baixo unha nube en forma de corazón.

Foi o templo do antigo mosteiro das monxas bernardas de Madrid, fundado en 1615 por Cristóbal de Sandoval y Rojas, duque de Uceda, fillo do I Duque de Lerma e valido do rei Filipe III.

Foi proxectada en forma de cruz latina polo arquitecto Juan Gómez de Mora no ano 1615, pero as obras comezaron en 1671, medio século despois de fundado o convento, por mor da caída en desgraza do valido, e remataron en 1744.[1]

Ademais de Gómez de Mora, interviñeron os arquitectos Francisco Bautista, Manuel del Olmo e Bartolomé Hurtado García, que foi o director principal da obra. A decoración interior fíxoa Andrés Esteban en 1744. A fachada de granito é obra de Pedro de Ribera, cara ao ano 1744.

Interior da igrexa.

A igrexa é o único que resta do antigo mosteiro, xa que o edificio do convento foi derrubado en 1972. Está considerada unha das mellores obras do barroco relixioso madrileño, e malia os avatares do tempo (foi danada durante a Guerra Civil Española e restaurada posteriormente por Fernando Chueca Goitia) conserva case intacta a súa estrutura e decoración.[2] Entre as obras de arte que atesoura o edificio, destacan varios cadros de Luca Giordano, un conxunto de retablos de estilo Rococó, o ciclo de pinturas ó fresco de bóvedas e muros, obra dos irmáns González Velázquez, e o retablo maior, cunha pintura de San Bernardo y san Benito adorando la Eucaristía, obra de Gregorio Ferro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GUERRA, RAMÓN: Iglesias y conventos del antiguo Madrid. Madrid 1996.
  2. Pozuelo González, J.I.: Guía de los edificios religiosos del Madrid de 1868. Ediciones La Librería, Madrid, 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]