Igrexa católica rutena
Aparencia
| Igrexa católica rutena | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A Igrexa católica bizantina rutena é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. A estrutura da igrexa é complexa, xa que non ten unha organización unificada.
A igrexa é unha das sucesoras da predicación dos santos Cirilo e Metodio entre os eslavos, e logo do Gran Cisma permaneceu na Igrexa ortodoxa de Constantinopla. Coa Unión de Uzhhorod de 1646 entrou en comuñón co resto da Igrexa católica.
Organización
[editar | editar a fonte]A Igrexa organízase en tres xurisdicións diferentes:
- A metrópole de Pittsburgh composta pola arquieparquía de Pittsburgh e polas eparquías de Parma, Passaic e Phoenix, que emprega o nome de Igrexa católica bizantina.
- A eparquía de Mukacheve, en Ucraína.
- O exarcado apostólico da República Checa.