Arquieparquía católica rutena de Pittsburgh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A arquieparquía de Pittsburg (coñecida en inglés como Byzantine Catholic Archeparchy of Pittsburgh; en latín: Archieparchia Pittsburgensis Ritus Byzantini) é unha arquieparquía da Igrexa Católica Rutena nos Estados Unidos, parte da metrópole católica bizantina de Pittsburgh, con xurisdición sobre a parte occidental de Pensilvania, o leste de Ohio, e os estados de Luisiana, Oklahoma, Texas e Virxinia Occidental. Ten a súa sé en Pittsburgh, Pensilvania, e é distinta da diocese latina de Pittsburgh.

O seu arcebispo actual é William C. Skurla.

Historia[editar | editar a fonte]

O exarcado apostólico dos Estados Unidos para os fieis de rito oriental foi erixido o 8 de maio de 1924.

O 6 de xullo de 1963, coa bula Cum homines do papa Paulo VI o exarcado apostólico cedeu parte do seu territorio para a erección da eparquía de Passaic, e ao mesmo tempo foi elevado a eparquía, co nome de eparquía de Pittsburgh.

O 21 de febreiro de 1969 coa bula Quandoquidem Christus do mesmo Paulo VI volveu a ceder parte do seu territorio, para a creación da nova eparquía de Parma, e foi elevada a arquieparquía metropolitana, tomando o nome de arquieparquía de Munhall.

O 11 de marzo de 1977 tomou o nome actual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]