Eparquía católica rutena de Mukacheve
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Capital | Uzhhorod | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.251.000 (2019) | |||
| Lingua usada | lingua ucraína | |||
| Relixión | Igrexa católica | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 12.800 km² | |||
| Comparte fronteira con | Hungarian Catholic Eparchy of Nyíregyháza (en) Ukrainian Catholic Eparchy of Sambir – Drohobych (en) Arquieparquía católica ucraína de Ivano-Frankivsk, leste Ukrainian Catholic Eparchy of Kolomyia (en) Arquidiocese católica latina de Przemyśl, norte Eparchy of Košice (en) Greek Catholic Archeparchy of Prešov (en) eparquía de Maramureș, sueste | |||
| Creación | 19 de setembro de 1771 | |||
| Santo padrón | Teodor Romzha | |||
| Catedral | Greek Catholic Cathedral, Uzhhorod (en) | |||
| Sitio web | mgce.uz.ua | |||
A eparquía de Mukacheve (en latín: Eparchia Munkacsiensis) é unha diocese da Igrexa católica bizantina rutena inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña 380.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 281 000 habitantes. Está actualmente dirixida polo bispo Milan Šašik.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica bizantina rutena en Ucraína. Os fieis rutenos viven na súa maioría na Rutenia subcarpática, na parte occidental do país.
A sé eparquial é a cidade de Uzhhorod, onde está a catedral da Exaltación da Santa Cruz. Mukacheve é a antiga sé eparquial. O territorio está organizado en 402 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A eparquía foi erixida o 19 de setembro de 1771 coa bula Eximia regalium do papa Clemente XIV. Anteriormente, os fieis de rito bizantino estaban suxeitos á diocese de Eger. Inicialmente, a eparquía era sufragánea da arquidiocese de Esztergom.
O 9 de agosto de 1817 a sé eparquial foi transferida a Uzhhorod coa bula Romanos decet Pontifices do papa Pío VII.
O 23 de marzo de 1818 cedeu parte do seu territorio para erixir a eparquía de Prešov, hoxe arquieparquía metropolitana da Igrexa Católica Bizantina Eslovaca.
O 8 de xuño de 1912 cedeu a parroquia de lingua húngara para erixir a eparquía de Hajdúdorog.
O 5 de xuño de 1930 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a eparquía de Maramureş.
O 2 de setembro de 1937, coa bula Ad ecclesiastici de Pío XI, pasou a ser unha diocese inmediatamente suxeita á Santa Sé.
O 1 de novembro de 1947 o bispo Teodor Romzha foi asasinado polo NKVD. Venerado como mártir, foi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Vasyl Tarasovych (1646 - 1651, finado)
- Parfenii Petrovych (1651 - 1665, finado)
