Milan Šašik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMilan Šašik

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Lehota, Eslovaquia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Uzhhorod, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreek Catholic Cathedral, Uzhhorod (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
17 de marzo de 2010 – 14 de xullo de 2020
← Ivan Semedi (en) Traducir
Administrador apostólico
12 de novembro de 2002 –
Bispo titular
12 de novembro de 2002 –
Diocese: Bononia (en) Traducir
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovaquia
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Comenius de Bratislava
Pontifical Theological Faculty Teresianum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoUniatas (pt) Traducir e pastoral Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (2003–), sacerdote católico (1976–), diácono (1976–), presbítero greco-católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovaca Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación da Misión Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Milan Šašik, nado o 17 de setembro de 1952 en Lehota (Eslovaquia) e finado en Uzhhorod (Ucraína) o 14 de xullo de 2020, foi un relixioso grecocatólico lazarista ruteno, bispo de Mukacheve.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de setembro de 1952 en Lehota, no distrito de Nitra, entón parte da República Socialista Checoslovaca (hoxe Eslovaquia). O 31 de xullo de 1971 entrou na Congregación da Misión, e até 1976 estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Bratislava.

O 27 de setembro de 1973 fixo os votos perpetuos como lazarista, e o 6 de xuño de 1976 foi ordenado sacerdote da súa orde. Posteriormente exerceu diferentes ministerios pastorais. Ademais, obtivo permiso da Santa Sé para celebrar tanto no rito bizantino como no rito romano. Entre 1990 e 1992, estudou unha mestría na Pontificia Facultade Teolóxica Teresianum de Roma.

Entre 1992 e 1998 traballou na nunciatura apostólica en Ucraína. Posteriormente, foi durante un ano director do noviciado da Congregación da Misión en Eslovaquia. En agosto de 2000 volveu a Ucraína e exerceu de párroco en Perechyn, na rexión de Transcarpacia.

O 12 de novembro de 2002 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo titular de Bononia e administrador apostólico da eparquía de Mukacheve. O 6 de xaneiro de 2003 recibiu a consagración episcopal na basílica de San Pedro polo mesmo papa.

Ademais de eslovaco, falaba ucraíno, italiano, checo, ruso e polaco.