Arte chinesa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |

Dende as orixes das historia chinesa creáronse obxectos en bronce, xade e óso, que recolleron o espírito e efecto buscado nos rituais chamanistas.
Estas formas en bronce e xade amosan por primeira vez un dos principios esenciais da arte chinesa: a síntese entre o espírito creador artístico e a función social e xerárquica á que estaban destinados dende a súa concepción. O primeiro deles mostrábase na exquisitez das formas, na orixe dos temas decorativos tomando como paradigma as forzas da natureza e a súa acción sobre o espírito humano, e no gran coñecemento técnico dos materiais que caracterizaron a tódalas formas artísticas.
Como complemento tanto a diversificación das formas como a iconografía coa que se adornaban correspondían ós principios de xerarquización social e uso ritual que caracterizou os inicios da civilización chinesa coa Dinastía Shang e a Dinastía Zhou. Nesta última dinastía xorden as escolas de filosofía que afondaron na relación do individuo co seu contorno e a consideración social do mesmo, establecendo os fundamentos teóricos sobre que se desenvolvería a teoría chinesa da arte séculos máis tarde.
Referímonos fundamentalmente ó taoísmo e ó confucianismo, senón por iso afirmar que existe unha clara división entre o que algúns consideran arte taoísta como manifestación disgregada dunha suposta arte confuciana.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |