Lampetra planeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lampetra planeri é unha especie de peixe ágnato (sen mandíbulas) da orde Petromyzontiformes, unha das poucas especies actuais da súa clase; é máis pequena que a lamprea de río común.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten dúas aletas dorsais unidas entre si, non ten aletas pares. os adultos teñen unha ventosa bucal con placas dentarias e dentículos, aínda que non é unha especie parasita; as larvas aliméntanse de algas que filtran do lodo do fondo dos ríos, mentres que os adultos non se alimentan.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Só se coñecen dúas poboacións ibéricas, unha no río Olabidea (Navarra) e outra no río Seiça, no centro de Portugal[3]

Hábitat e reprodución[editar | editar a fonte]

Habita nos fondos areosos de ríos e regatos pouco caudalosos. Reprodúcense entre abril e maio, poñen entre 1000 e 2000 ovos. As larvas non sofren metamorfose até pasados máis de 6 anos, tras este proceso alcanzan a madurez sexual. Este peixe é presa doutros peixes e aves acuáticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freyhof, J. (2013). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Salvador, Alfredo (2003). "Lamprea de arroyo - Lampetra planeri". En Museo Nacional de Ciencias Naturales; Carrascal, L. M.; Salvador, A. Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Madrid. 
  3. Doadrio (2001). Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza - Museo Nacional de Ciencias Naturales. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]