Charles Frédéric Girard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Frédéric Girard
Nacemento8 de marzo de 1822
Lugar de nacementoMulhouse
Falecemento29 de xaneiro de 1895
Lugar de falecementoNeuilly-sur-Seine e París
NacionalidadeFrancia e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Georgetown
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, ictiólogo, herpetólogo e médico
editar datos en Wikidata ]

Charles Frédéric Girard, nado o 8 de marzo de 1822 en Mulhouse, Alto Rin, Alsacia (Francia) e finado o 29 de xaneiro de 1895 en Neuilly-sur-Seine, Altos do Sena, Illa de Francia, foi un médico e zoólogo estadounidense de orixe francesa.

Traxectoria: unha vida entra Francia e Norteamérica[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Girard estudou en Neuchâtel (Suíza), onde foi alumno do zoólogo Louis Agassiz.

Primeira estancia nos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

En 1847 convértese en su asistente na Universidade Harvard.

Tres anos máis tarde, Spencer Fullerton Baird ofrécelle un posto no Museo de Historia Natural para traballar nas coleccións de réptiles e peixes dos Estados Unidos de América, coleccións en rápido aumento grazas ao envío gobernamental de misións de exploración ao Oeste americano. Girard traballa neste museo durante dez anos, publicando numerosos artigos, a maioría en colaboración con Baird.

En 1854 Girard faise cidadán estadounidense. En 1856 obtén o grao de doutor en Medicina na Universidade de Georgetown de Washington, D.C..

Primeira volta a Francia[editar | editar a fonte]

En 1859 retorna a Francia. Dous anos máis tarde, é galardoado co Premio Cuvier, outorgado polo Instituto de Francia polo seu traballo sobre os réptiles e peixes de América do Norte.

Retorno a América[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra de Secesión, Girard únese como cirurxián ao exército confederado.

Regreso definitivo a Francia[editar | editar a fonte]

Despois desta guerra, instálase en Francia, onde exerce a medicina.

Durante a Guerra franco-prusiana de 1870 serviu como médico militar no exército francés, e realizou importantes investigacións sobre a febre tifoide.

Retirouse en 1888 aínda que continou publicando artigos de historia natural.

En 1891 retírase definitivamente do mundo académico, pasando o resto da súa vida en Neuilly-sur-Seine.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra científica reúne 81 títulos, a metade sobre peixes, unha trintena sobre réptiles e anfibios e o resto sobre invertebrados.

Obra destacada[editar | editar a fonte]

Entre a súa obra destaca o seu traballo de 1854 "Observations upon a collection of fishes made on the Pacific coast of the United States, by Lieut. W. P. Trowbridge, U. S. A., for the museum of the Smithsonian Institution". Proc. Acad. Nat. Sci. Phila., vol. 7: 142–156.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Girard emprégase para recoiñecer a Charles Frédéric Girard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]