Saltar ao contido

Benedykt Dybowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenedykt Dybowski

Retrato de Benedykt Dybowski
Nome orixinalBenedykt Tadeusz Dybowski
Biografía
NacementoBенедикт Иванович Дыбовский
12 de maio de 1833
Adamaryn, uezd de Novogrúdok, Gobernación de Grodno, Imperio ruso (Hoxe en Belarús)
Morte31 de xaneiro de 1930
Lwów, Segunda República Polaca
Lugar de sepulturacemiterio de Lychakiv Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidaderusa, austrohúngara e polaca
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Tartu
Unversidade de Breslavia
Universidade Humboldt de Berlín
Actividade
Campo de traballoXeografía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Lviv Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista, médico, xeógrafo, zoólogo e esperantista
EmpregadorUniversidade de Leópolis
Membro de
Interesado enZooloxía e medicina Editar o valor en Wikidata
AlumnosJan Hirschler Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolta de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDybowski Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Dybowski (Nałęcz) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisJan Dybowski Editar o valor en Wikidata  e Salomea z Przysieckich Dybowska Editar o valor en Wikidata
IrmánsMalwina Nargielewicz
Władysław Dybowski Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase o texto

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Polish Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 17260228 Editar o valor en Wikidata


Benedykt Tadeusz Dybowski, nado o 12 de maio de 1833 en Adamaryn, uezd de Novogrúdok, Imperio ruso, e finado en Lwów, Segunda República Polaca, (hoxe Lviv, Ucraína), foi un médico e naturalista polaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Benedykt Dybowski naceu en Adamaryn, no uezd de Novogrúdok, Gobernación de Grodno, Imperio ruso (Hoxe en Belarús)

Estudou Medicina na Universidade de Dorpat (actual Tartu, en Estonia), e posteriormente estudou na Universidade de Breslavia, obtendo seu doutoramento na Universidade Humboldt de Berlín.

Participou en varias expedicións para buscar e estudar peixes mariños e crustáceos. Conseguiu un posto de profesor de Zooloxía na Universidade de Varsovia, daquela baixo a administración do Imperio ruso.

Participou no Levantamiento de xaneiro, un levantamento na antiga República das Dúas Nacións (actuais Polonia, Lituania, Belarús, [[Letonia], e partes de Ucraína e de Rusia occidental) contra o Imperio ruso, en 1863-1864, feito polo que foi arrestado, xulgado e condenado a morte, aínda que a sentenza foi reducida a 12 anos en Siberia.

Empezou a estudar a historia natural de Siberia e, en 1866, o gobernador Muráviov eximiu a Dybowski dos traballos forzados (kátorga), restaurou os seus dereitos civís e propúxolle traballar como doutor nun hospital.

Estableceuse no pequeno pobo de Kultuk e comezou un estuio detallado do lago Baikal, con algunha axuda técnica por parte da Sociedade Xeográfica Rusa.

Exerceu como médico para a poboación indíxena de Kamchatka, as illas Aleutianas, as illas do Comandante e a illa de Bering, o que lle supuxo facer catro viaxes ao ano ás áreas poboadas da zona.

Tras volver de Asia, proseguiu o seu traballo de investigación na Universidade de Leópolis en 1883. E presidiu a Sociedade Copérnico de Naturalistas Polacos entre 1886 e 1887.

En 1921 foille concedido un doutoramento honoris causa pola Universidade de Varsovia e, en 1923, outro pola Universidade de Vilna. En 1927 a Academia de Ciencias da Unión Soviética elixiu a Dybowski como membro correspondente.

Dybowski pasou os últimos anos da súa vida en Leópolis. Faleceu aos 97 anos, e foi enterrado no cemiterio leopolitano de Łyczakowski, xunto con outros participantes do Levantamiento de 1863.

A maior parte da súa colección de espécimes zoolóxicos e botánicos encóntrase no Museo Zoolóxico de Leópolis.

O anfípodo Gammaracanthuskytodermogammarus loricatobaicalensis, supostamente procedente do lago Baikal foi nomeado por el,[1] e foi considerado o nome científico máis longo, aínda que na actualidade, este nome non se considera válido. O que si se considera válido é o nome do salmónido Thymallus grubii var. baicalensis, descrito por el en 1874, e que hoxe está considerado como unha nova especie, Thymallus baicalensis.[2][3]

En febreiro de 2014, o explorador Jacek Pałkiewicz presentou unha placa en memoria de Dybowski en Petropávlovsk-Kamchatski.[4]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Foi membro da Academia de Ciencias de Rusia, e da Academia de Ciencias da Unión Soviética.

Comendador con Estrela da Orde Polonia Restituta.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Dybowski emprégase para recoñecer a Benedykt Dybowski como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Dybowski, B. (1926): Bull. internat. Acad. Cracovie, (B): 61.
  2. Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no WoRMS. Consultado o 12 de marzo de 2022.
  3. Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2022.
  4. Pałkiewicz odsłania tablicę Dybowskiego na Kamczatce Arquivado 08 de xuño de 2015 en Wayback Machine. en Rzeczpospolita, 6 de febreiro de 2014 (en polaco).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]