Hermann Rorschach
Hermann Rorschach | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1884 |
Lugar de nacemento | Zürich |
Falecemento | 2 de abril de 1922 |
Lugar de falecemento | Herisau |
Causa | peritonite |
Soterrado | Friedhof Nordheim |
Nacionalidade | Suíza |
Alma máter | Universidade de Zúric e Universidade de Berna |
Ocupación | psiquiatra e psicanalista |
Cónxuxe | Olga Rorschach |
Fillos | Wadim Rorschach |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hermann Rorschach, nado en Zúric o 8 de novembro de 1884 e finado en Herisau o 2 de abril de 1922, foi un psiquiatra e psicanalista suízo, coñecido sobre todo pola elaboración da proba que leva o seu nome, o Test de Rorschach.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Suíza, no seo dunha familia con poucos recursos económicos. O seu pai era un pintor sen grande éxito na súa profesión e que daba clases de pintura nunha escola preparatoria para homes.
Durante os seus estudos na etapa secundaria, Rorschach demostrou especial entusiasmo por entintar sobre papel e pegalo, de tal maneira que obtiña formas de paxaros ou bolboretas, o cal mesmo lle valeu ser alcumado co nome de "kleck", que significa «mancha».
Ao terminar a escola, interesouse pola pintura e comezou estudos en ciencias naturais, e ingresou na escola de medicina en 1904. Tras graduarse en 1909 interesouse pola psiquiatría.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermann Rorschach |