Eugen Bleuler
Paul Eugen Bleuler | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 30 de abril de 1857 |
Lugar | Zollikon |
Falecemento | 9 de febreiro de 1940 |
Lugar | Zollikon |
Soterrado | Cantón de Zúric |
Residencia | Zúric |
Nacionalidade | Suíza |
Cónxuxe | Hedwig Bleuler–Waser |
Fillos | Manfred Bleuler |
Actividade | |
Campo | Psiquiatría |
Alma máter | Universidade de Zúric |
Director de tese | Jean-Martin Charcot |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Esquizofrenia, autismo |
Influído por | Carl Jung |
Influíu en | August Forel Sigmund Freud |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paul Eugen Bleuler, nado en Zollikon o 30 de abril de 1857 e finado no mesmo lugar o 9 de febreiro de 1940, foi un psiquiatra suízo, coñecido por ter acuñado o termo esquizofrenia, así como polas súas contribucións no eido das enfermidades mentais.
Bleuler naceu en Zollikon, unha pequena poboación próxima a Zúric. Seus pais foron Johann Rudolf Bleuler e Pauline Bleuler-Bleuler.
Estudou medicina en Zúric, e máis tarde estudou en París, Londres e Múnic, regresando logo a Zúric para tomar un posto como interno do Burghölzli, un hospital universitario.
En 1886, Bleuler foi nomeado director dunha clínica de psiquiatría en Rheinau, hospital localizado nun antigo mosteiro sobre unha illa do río Rin. Rheinau estaba desfasado naquel tempo, e Bleuler mellorou as condicións dos pacientes residentes alí.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bleuler, Eugen (2008). Afectividad, sugestibilidad, paranoia. Fundación Española de Psiquiatría y Salud Mental: Editorial Triacastela. ISBN 978-84-95840-38-7.
- — (1967). Tratado de Psiquiatría. Espasa-Calpe. ISBN 978-84-239-6127-6.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugen Bleuler |
- Eugen Bleuler - Encyclopædia Britannica
- Response to fellowship lecture on Eugen Bleuler - Comentarios por E.E. Krapf en American Journal of Psychiatry (PMID 13458491)
- Eugen Bleuler: Dementia praecox oder Gruppe der Schizophrenien (1911)