Han

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Han
Statue of Cao Xueqin.JPGDufu.jpg
QinshihuangBW.jpgSunyatsen1.jpgLee Kuan Yew.jpg
Zhou Xuan6.jpgConfucius - Project Gutenberg eText 15250.jpgYang Liwei.jpg
Poboación
Poboación total:
Total: 1 310 158.851
Rexións principais:
Flag of the People's Republic of China.svg China 1 207 541.842[1]
Flag of the Republic of China.svg Taiwán 22 575 365[1]
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong 6 593 410[1]
Flag of Singapore.svg Singapur 3 684 936[2]
Flag of Macau.svg Macau 433.641[1]
Flag of Indonesia.svg Indonesia 8 800 000[3]
Flag of Thailand.svg Tailandia 7 053 240[4]
Flag of Malaysia.svg Malaisia 6 590 500[5]
Estados Unidos de América Estados Unidos 3 376 031[4]
Flag of Canada.svg Canadá 1 364 215[4]
Flag of Peru.svg Perú 1 300 000[4]
Flag of Vietnam.svg Vietnam 1 263 570[4]
Australia Australia 1 185 000[6]
Flag of Cambodia.svg Cambodja 1 180 000[7]
Flag of the Philippines.svg Filipinas 1 146 250[4]
Flag of Myanmar.svg Myanmar 1 101 314[4]
Rusia Rusia 998.000[4]
Flag of Japan.svg Xapón 655.377[8]
Flag of Venezuela.svg Venezuela 400.000[9]
Sudáfrica Suráfrica 350.000[10]
Reino Unido Reino Unido 296.623[4]
Flag of France.svg Francia 230.515[4]
España España 197.214[4]
India India 189.470[4]
República Democrática Popular Lao Laos 185.765[4]
Aspectos culturais
Lingua Lingua chinesa
Relixión Relixión tradicional chinesa, Budismo Mahayana e Taoísmo. Bagaxe de Confucianismo.[11] Cristianismo e outras crenzas minoritarias.
Grupos
relacionados
Zhonghua minzu
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Han (汉族 ou 漢族) é a etnia maioritaria en China e o maior grupo étnico do mundo. Os Han constitúen o 91% da poboación de China e o 19% da poboación humana. Os Han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte de China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais de China: Tíbet e Xinjiang.

O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular de China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ)

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular de China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.

En total, o Goberno da República Popular China recoñece a 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Unidade da etnia Han[editar | editar a fonte]

A pesar da existencia de múltiples variacións na lingua chinesa falada, un dos factores que determina a unidade da etnia han é a lingua escrita. Durante centos de anos, a literatura chinesa usou un formato estándar de escritura que utiliza un vocabulario e unha gramática significativamente distinta das diferentes formas do chinés oral. Desde o século XX, o chinés escrito baseouse no mandarín estándar e non no dialecto local de quen o escribe (coa excepción do uso escrito do cantonés). Por iso, aínda que os residentes nas diferentes rexións poden non se entender cando falan, son capaces de se entender na escrita.

Os han adoitan vestirse utilizando roupas de estilo occidental. Os traxes han tradicionais aínda son utilizados en ocasións importantes como banquetes de vodas ou durante a celebración de aninovo.

Diferenzas internas[editar | editar a fonte]

Entre os Han existen numerosas diferenzas tanto culturais como lingüísticas. As diferenzas rexionais e lingüísticas entre os diferentes subgrupos dos han son tan significativas como entre as diferentes nacionalidades europeas. Os Han falan diversas variedades da lingua chinesa que son considerados dialectos, a pesar de que se considera que entre elas existen diferenzas maiores das que hai entre as diferentes linguas europeas (co termo "dialectos" faise referencia ao que é en realidade unha familia de linguas relacionadas co chinés estándar, mentres que se utiliza "lingua" para facer referencia ás demais linguas de China que non pertencen ao mesmo grupo lingüístico que o chinés estándar e os seus dialectos/linguas). Outras diferenzas culturais, como a gastronomía, os costumes e a moda, son igualmente importantes. A historia da China moderna presenta numerosos exemplos dos conflitos que estas diferenzas provocaron. Por iso, a idea duns Han unidos é realmente complexa.

Estas diversidades, con todo, non xeraron identidades étnicas propias, e as diferenzas relixiosas ou políticas non reforzaron as diferenzas rexionais. Ao contrario, existe unha tendencia a evitar as distincións entre os Han, xa que se considera que é unha clasificación menor e superficial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ch.html#People
  2. [1][Ligazón morta]
  3. [2], thejakartapost
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 :: Overseas Compatriot Affairs Commission, R.O.C. ::. Ocac.gov.tw (2004-08-24). Retrieved on 2010-12-12.
  5. Malaysia. State.gov (2010-07-14). Retrieved on 2010-12-12.
  6. [3]
  7. [4]
  8. «国籍(出身地)別在留資格(在留目的)別外国人登録者(Number of foreign residents by country as of 2008)» (en xaponés). Ministry of Justice. 2009-09-04. 
  9. http://convergencia.uaemex.mx/rev38/38pdf/LIZCANO.pdf "Chinese people are an important population mostly in Venezuela (400,000)..." P. 201 (in Spanish)
  10. Park, Yoon Jung (2009). Recent Chinese Migrations to South Africa - New Intersections of Race, Class and Ethnicity (PDF). Representation, Expression and Identity (Interdisciplinary Perspectives). ISBN 978-1-904710-81-3. Consultado o September 20, 2010. 
  11. Travel China Guide – Han Chinese, Windows on Asia – Chinese Religions