Yang Liwei
Yang Liwei | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 21 de xuño de 1965 |
Lugar | Suizhong County |
Actividade | |
Misións | Shenzhou 5 |
Tempo no espazo | 0,89 días |
Premios | honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong e Spaceflight Exploit Medal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Yang Liwei ou Iang Liwei, nado en Suizhong o 21 de xuño de 1965, é un astronauta chinés retirado que formou parte da misión Shenzhou 5, converténdose no primeiro astronauta da China.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Yang Liwei entrou no Exército Popular de Liberación en 1983, graduándose en 1987 na Facultade de Aviación número 8 do Exército Popular. Levaba acumuladas 1350 horas de voo como piloto de combate cando foi seleccionado como candidato na primeira promoción de astronautas da China en xaneiro de 1998. Tras cinco anos de adestramento foi elixido como un dos tres candidatos finais a voar na misión Shenzhou 5, a primeira misión tripulada lanzada pola China. Liwei acabou facendo un voo de 21 horas e 23 minutos na cápsula espacial, volvendo a terra sen problemas.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Yang Liwei" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 China.org (ed.). "Yang Liwei: China's first astronaut" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yang Liwei ![]() |